Preferente: Comezo con empate

Doble empate colleitaron no comezo das Ligas de Ascenso e de Permanencia Fisterra e Xallas.
Fase de Ascenso Grupo C Norte, xornada 1
Fisterra - Betanzos (1-1)
- Fisterra: Buguy, Pablo Vigo, Breixo, Aarón Fdez., Aarón López, Víctor Casais, Estévez, Diego Cespón, Julián, Richi e Adrián Makaay. Tamén: Iván Bouzón, Colombia, Lobelos, Dani, Vía e Andrés.
- Goles: 1-0, m.22: Richi; 1-1, m.75.
Un partido moi competido entre os dous equipos onde o xogo directo foi o protagonista. Na primeira parte o xogo foi igualado cun Betanzos que o tiña moi claro o plan, ben armado cun bloque férreo no medio campo e lanzar arrinca na busca aos seus puntas. Pero era o Fisterra o que conseguía máis profunidade, e o que coseguiría poñernse por diante no marcador cun gol de Richi. Buguy tivo que empregarse tamén para evitar un par de ocasións visitantes.
Non cambiou o guión na segunda. O equipo de Juan Porrúa, a pesar de ir por diante, adiantou liñas, buscando o segundo gol pero co paso dos minutos o Betanzos empataría, ante un cadro fisterrán, castigado de novo polos problemas fisicos.
Fase pola Permanencia Grupo D3, xornada 1
Xallas - As Pontes (1-1)
- Xallas: Iván Couto, Aitor, Josiño Eiza, Caneda, Brais, Adán, Colón, Stefan, Borja Gándra, Doro e Juan de Celia. Tamén: David, Xan Caridad, Carlos Rieiro, Samuel e Iván Calvo.
- Goles: 0-1, m.23; 1-1, m.90: Xan Caridad de penalti.
Salvou un punto o Xallas, que empezaba moi ben, con chegadas importantes como un balón ao pau de Juan de Selia nunha falta e un par de centros perigosos durante os primeiros minutos. Os visitantes foron asentándose e no ecuador do primeiro tempo conseguían adiantarse tras un centro lateral. Os 2 equipos intentaban ter balón e penalizar ao outro con contraataques cando houbese perdas. Déronse un par de situacións durante todo o partido para os 2 equipos. Stefan fallou un penalti que supuxo a expulsión do lateral esquerdo visitante con 20 minutos por diante. Aí xa estaba o Xallas volcado sobre a meta rival e Adán tamén fallou unha a portería baleira. Tivo que ser na última xogada cando o colexiado sinalía outro penalti que desta volta non fallaría Xan Caridad.