Preferente: O Fisterra terá o mércores unha final ante O Pino
- As táboas en www.futboldacosta.com

Paso atrás do Fisterra na súa loita por meterse entre os 5 primeiros. Con só 2 xornadas por diante, o cadro de Juan Porrúa queda 1 punto por debaixo dun O Pino co que se enfronta, nunha verdadeira final, este mesmo mércores 9 de marzo ás 20:30h en Ara Solis.
Mentres o Xallas pouco puido facer ante o poderoso líder.
Arteixo - Xallas (3-0)
- Xallas: David, Caneda, Jose Eiza, Brais, Adán, Julito, Iván Calvo, Diego Hombre, Stefan, Alex Blanco, Carlos Rieiro. Tamén: Adrián Periscal, Aitor, Doro, Xan Caridad, Samuel e Iván Couto.
- Goles: 1-0, m.50; 2-0, m.72; 3-0, m.77.
Demostrou o Arteixo por que é o mellor da liga ante o cadro xalleiro. Xa nos primeiros 15 minutos achucharon moito aos de David González, chegando á área de David, pero sen acerto. Repuxéronse os xalleiros, que estiveron ben ata o descanso, mantendo un choque de forzas moi igualado e mesmo chegando á área contraria.
Pero un erro nun despexe á saída dos vestiarios, permitiu aos locais meterse por diante, e poñer o partido moi costa arriba. Aínda así, foise arriba e tomou o mando do balón, tendo ocasións para o empate como unha de Stefan e outra de Samuel, pero a 20 do final, chegou o segundo e aí xa remataba o partido.
Sigüeiro - Fisterra (1-0)
- Fisterra: Bugy, Pablo Vigo, Breixo, Aarón Fdez, Aarón López, Víctor Casais, Julián, Estebcan Capelo, Diego Cespón e Richi.
- Tamén: Colombia, Aarón Lobelos, Dani, Vía e Estévez.
- Gol: 1-0, m.53.
Primeira metade totalmente controlada polo Fisterra, tendo o balón pero sen ter ocasións claras. Na segunda metade empezou ben o cadro de Porría, pero nun balón parado chegaría o gol do Sigüeiro, acompado dun erro grave na marca.
A partir de aí non souberon cambiar o ritmo de partido os fisterráns para acadar cando menos o empate. Nos últimos minutos aínda o intentaron con áais corazón que cabeza. “Non queda outra que recuperarnos física e sicologícamenta para o partido transcendental do miercoles contra o Pino”, explica Porrúa.