Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Preferente: Pasou un ciclón por Ara Solis

Sofan Victoria no Carral
Sofán e Victoria no Carral-Foto de Luís González para a SD
Preferente: Pasou un ciclón por Ara Solis

Vai como un avión o Betanzos de Juan de Dora. O cadro vermello sumou a súa 5ª vitoria en 5 partidos, e o fixo superando en todo a un Fisterra moi tocado de efectivos.

No Carral, o Sofán sumou un puntiño sobre a bocina ante o Victoria. Os dous equipos mantéñense na parte baixa da táboa.

 

Fisterra - Betanzos (0-6)

  • Fisterra: Aarón, Breixo, Julito, Andrés Vigo, Mario, Lobelos, Jose, Juan Formoso, Hibrahim, Islam, Adrián Makaay. Tamén: Isaías, Lois, Mamadou, Juan Trillo e Martín Canosa.
  • Goles: 0-1, m.18: Juan de Dora; 0-2, m.20; 0-3, m.55: Juan de Dora; 0-4, m.73; 0-5, m.75; 0-6, m.81.

Rapaces contra homes, vencendo cada duelo. O Betanzos foi superior en Ara Solis, ben atrás seguros, e lanzando contras que son puñais. Foi Juan de Dora o que abriu a lata na primeira, e o que sentenciou ao comezo da segunda, mentres o cadro de Ángel, con 5 lesionados e varios tocados e ata 4 xuvenís no banco, intentaba aguantar o chaparrón.  

Sofán - Victoria (1-1)

11 do Sofan ante o Victoria

  • Sofán: Brais, Noé, Diego Rod., Dani, Bandera, Alex Montes, Fabián, Iván Parafita, Pablo Parafita, Eibe, e Miguel Taibo. Tamén: Alexandre López, Iván Martínez, Becerra, Iván Canedo, Pena e Juanjo.
  • Goles: 0-1, m.86; 1-1, m.90: Iván Parafita.

Saíu mandona a SD, moi cómoda do balón e avisando por medio de Jacobo Eibe. Non pasou apuros o cadro local na primera metade. Na segunda, co mesmo guión, aínda houbo máis ocasións de cor vermellas, entrando moi ben por banda esquerda e facendo que os Jacobo e Fita convertesen ao meta visitante no mellor do partido. Pero a 5 do final, un penalti en área local permitía aos herculinos meterse por diante. Pero non desistiron os de Torreira, que Fita, que avisaba primeiro, conseguía o empate a centro de Jacobo.
Tería sido máis xusta a vitoria local, pero visto o visto no campo, un punto non sabe tan mal.

 

Todas as crónicas de Preferente

A táboa en futboldacosta.com

Comentarios