Martes. 15.10.2024
El tiempo

Preferente: O Fisterra desaproveita unha ocasión de ouro

Paiosaco-Fisterra
Imaxe do penalti que transformou Makaay en Paiosaco
Preferente: O Fisterra desaproveita unha ocasión de ouro

Partido fundamental tiña o Fisterra en Paiosaco. Os dous equipos chegaban empatados en puntos e partidos xogados na 5ª posición, a que dá paso á fase de ascenso e asegura a permanencia. O cadro fisterrán sumou un punto pero o golaveraxe segue sendo favorable aos da Laracha que venceron na ida en Ara Solis. De calquera xeito, os de Juan Porrúa xa teñen para unha completa costa de febreiro-marzo, cunha serie de partidos seguidos polos partidos adiados.

Segue ca mala serie, e a mala sorte, o Xallas. Os de David González tiveron case 40 minutos cun home máis, e despois de numerosas ocasións acabaron perdendo na Pobra.

Paiosaco - Fisterra (1-1)

  • Fisterra: Bugui, Pablo Vigo, Breixo, Aarón Fdez., Aarón López, Aarón Lobelos, Víctor Casais, Diego Cespón, Julián, Riki e Adrián Makaay. Tamén: Dani, Vía, Estévez, Capelo e Andrés.
  • Goles: 1-0, m.25; 1-1, m.40: Adrián Makaay de penalti.

Sabor amargo en Paisaco para Juan Porrúa tras deixar escapar unha gran ocasión de meterse nos 5 de arriba con todas as da lei. Porque foron superiores os fisterrán, e estiveron 60 minutos cun home máis, pero un erro puntual volve costarlle caro aos fisterráns.

Adiantábanse os laracheses, cun penalti de Makaay cometido sobre Aarón Muros cando ía marcar a porta vacía. No segundo tempo a pelota non quixo entrar a pesar das constantes acometidas dos fisterráns. O propio Aarón Fdez. mandou un remate ao longueiro; Breixo, Adrián Makaay… houbo ocasións de todo tipo, ata que se acabaron as ideas, e nos últimos 10 minutos, con máis corazón que cabeza, apenas fixeron dano.

Así foi o gol de Makaay dende os 11 metros:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by SdFisterra (@sdfisterra)

Puebla - Xallas (2-1)

  • Xallas: David, Aitor, Diego, Brais, Josito, Adan, Colón, Iván Calvo, Borja Gándra, Juan de Celia, Alex Blanco. Tamén: Caneda, Xan Caridad, Adrián, Stefan, Julito.
  • Goles: 1-0, m.30; 1-1, m.37: en propia; 2-1, m.86.

Segue colleitando semanas de mala sorte o Xallas que tras un fenomenal comezo de ano leva xa 5 derrotas seguidas. E iso que o cadro de David González comezou moi ben, tendo 3 ou 4 ocasións claras na primeira metade, pero os que se adiantaban na primeira ocasión que tiñan eran os locais, nunha xogada na que os xalleiros pedían falta en ataque.
O equipo non se veu abaixo a pesar de comezar de novo con outro revés, e preto do descanso, nun córner os locais metían en propia meta.

No comezo da segunda metade, Juan de Celia tivo unha fermosa vaselina para rompe o partido, cando ademais quedaban con 10 os locais. Con 40 minutos aínda por diante, partido convertíase en máis tolo, co Xallas apretando, e o Puebla intentando saír a contra. Xa contra o final os locais se adiantaban noutro balón colgado que a defensa non era quen de botala para fóra.
Aínda tivo co tempo cumplido aínda tivo o empate o cadro verde, cando Josito tiraba dende a área pequena e no rexeite metían os xalleiros pero o colexiado anualaba o tanto.

 

As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Comentarios