Preferente: Situándose

Imaxe dos xogadores do Sofán celebrando un gol da semana pasada

Xornada 8 e parece que os Sofán e Dumbría van situándose no que pode ser a súa zona de influencia. Igual que a semana pasada, o Sofán gañou e o Dumbría perdeu, afianzándose os carballeses na 3ª praza, e quedando os dumbrieses na zona media/baixa

Dubra - Sofán (0-1)

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani García, Alex Sánchez, Dani Pena, Izan, Fabián, Alexandre, Marcos, Joel, Julián. Tamén: Eloy, Becerra, Iván Pardo, Iraitz, Hugo Pastoriza.
  • Gol: 0-1, m.73: Iraitz nunha segunda xogada tras unha falta lateral.

Primeira metade cun Sofán bastante impreciso na saída de balón, pero aínda así o Dubra non conseguía facer dano. As ocasións máis claras eran dos visiantes, con sendos remates de cabeza de Marcos Montero e Joel.

Saíron moito mellor os de Pablo Torreira na segunda, presionando arriba e tendo moita máis presenza en campo contrario. Puido adiantarse o cadro vermello en dúas accións de Alexandre, e nun gol anulado nunha transición. Pero era Iraitz, nun tiro raso tras un reteixe dunha falta lateral o que metía por diante aos costeiros.

Aínda puideron sentenciar Julián nun man a man e Iraitz nunha internada que salvou un defensa baixo paus. Si que puido empatar Darío nun remate de cabeza pero a sensación foi sempre de superioridade carballesa na segunda metade.

Dumbría - Burela (1-3)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón Iago, Juan Trillo, Alex Marcote, Toni, Lucas Toba, Diego Estévez e Xabi Castro. Tamén: Isma, Mario, Íker, Pablo Costa Rammos, Quique, Adrián Periscal, e Javi Souto.
  • Goles: 0-1, m.43: Adrián Fdez. Deán; 0-2, m.50: David Ben; 0-3, m.54: Hugo Rod.; 1-3, m.88: Xabi Castro.

Outro mal resultados dos dumbrieses, que se marchan ademais coa sensación de estar lonxe da disputa dos puntos. A primeira metade foi máis igualada, e xusto cando parecía que estaban mellor os homes de Pablo Conde, chegaba o primeiro tanto dos visitantes, ao fío do descanso, cando máis doe.

Tentaron saír con folgos renovados os locais, pero nada máis saír un erro nun pase ao porteiro de Berto deixaba ao punta local só para facer o segundo. A partir de aí, pouca reacción do equipo e pouca enerxía.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.