Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán suma a súa 6ª vitoria segunda

San Tirso Sofan 2
San Tirso - Sofán. Foto: Luís González
Preferente: O Sofán suma a súa 6ª vitoria segunda

Empate sen goles en Ara Solis que supón o cuarto punto do cadro fisterrán. Certo que o rival era o penúltimo da táboa, cun só punto máis que os costeiros, e que se non lle dá gañado ao Portomarín, difícil vai ter pelexar pola permanencia. Pero en caquera caso, un punto é máis botín que unha goleada en contra.

Mentres, o Sofán segue sorprendendo a todos sumando a súa 6ª vitoria consecutiva, nun campo como o do San Tirso, e sube xa ata a 8ª posición, deixando xa a unha marxe de 10 puntos o descenso.

Fisterra - Portomarín (0-0)

  • Fisterra: Diego Cotelo, Lois, Breixo, Juan, Julito, Lobelos, Guille, Jose, Mario, Aarón Domínguez. Tamén: Aarón Casais, Ángel, Jonathan, Mamadou e Martín Canosa.

Partido moi igualado, con moi pouco que destacar, con dous equipos que intentaban cruzar liñas con balóns longos. Moita loita, moito xogo directo, coas defensas sempre impoñéndose. Si chegaba Mario algunha vez no extremo pero sen demasiado perigo.

Na segunda o Fisterra propuña algo máis, pero non malia un balón ao longueiro nunha falta botada dende o medio campo, non habería ocasións de gol. Os visitantes tiveron unha gran ocasión, nun pase atrás que mandou fóra sen oposición.

A mellor nova é que os xuvenís fisterráns se van curtindo na categoría, e que en breve irán recuperando efectivos.

San Tirso - Sofán (1-2)

11 do Sofan en San Tirso
Foto: Luís González
  • Sofán: Alex, Iván, Noe, Diego, Becerra, Alexandre, Iván Parafita, Fabián, Pablo Parafita, Paulo e Eibe. Tamén: Mario, Canedo, Dani García, Bandera e Juan Díaz.
  • Goles: 0-1, m.74: Pablo Parafita; 0-2, m.88: Eibe de penalti; 1-2, m.89: de penalti.

Gran vitoria do Sofán nun campo con grandes veteranos con César ou Santi Brandariz. O partido comezaba moi igualado, de tanteo, cunha SD esperando atrás para non permitir as perigosas contras do cadro local. O choque era de brega, de segundas xogadas, sen dominador. Eran os locais os que tiñan as primeiras ocasións, pero co paso dos minutos o Sofán subía a liña de presión, roubando e permitirndo que Paulo e Eibe avisaran.

Na segunda, abriuse algo máis o partido. Os locais tiveron 3 boas ocasión para adiantarse, pero era o cadro carballés, de doce tamén a balón parado, o que se metía por diante tras un corner sacado por Alexandre acaba na rede tras un remate de Pablo Parafita no primeiro pau.

O San Tirso seguiu apretando para empatar pero a SD facía dano á contra. Nunha delas chegaría un penalti por mans tras un centro de Eibe. Este mesmo foi o encargado de lanzar o penalti e poñer o 0-2 no marcador.

Cando parecía que o partido podería estar resolto chegou un momento de relaxación e nun balón á espalda da defensa deixa man a man a Adrián para facer unha vaselina sobre Álex, o balón remata no pau e Pablo fai unha man que remata en penalti e expulsión. Tocou defender o longo desconto con unllas e dentes.

San Tirso-Sofan
Foto: Luís González

Comentarios