Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Xornada aciaga para os nosos

SD Dubra - SD Sofán. Foto: SD Sofán.
SD Dubra - SD Sofán. Foto: SD Sofán.
Preferente: Xornada aciaga para os nosos

Mala xornada para os nosos equipos da Preferente xa que tanto Sofán como Xallas caeron derrotados por 2-1 nas súas visitas ao Dubra e ao Noia, respectivamente.

SD Dubra 2 – 1 SD Sofán

SD Sofán: Javi Rumbo, Sera, Rubén, Pablo Domínguez, Camilo (Iván Rey m.61), Canedo, Eibe (Jonathan m.61), Alexandre, Luis (Juanjo m.80), Fabián, Raúl (Quintela m.75).

Goles: 1-0 m.57: Iván Facal; 2-0 m.70: Facal; 2-1 m.88: Quintela (p).

A primeira metade foi igualada e o Sofán estivo ben plantado a pesares das baixas que tiñan os do Carral en defensa e que tivo que lidiar cun activo Ferreiro que foi o home máis perigoso dos amarelos.

A mellor oportunidade deste primeiro acto sería para Camilo pero o xogador sofanista encontraríase cunha dobre intervención dun Brais Midón que salvaría o gol in extremis.

Alexandre tamén o intentaría cun disparo logo dunha contra que acabaría en nada, polo que o primeiro tempo remataría co empate inicial.

SD Dubra - SD Sofán. Foto: SD Sofán.

Na reanudación, o partido rompeuse e Brais Midón evitaría que un centro perigoso de Alexandre o superase e Rumbo detería un remate de Gonzalo.

O toma e daca sería continuo pero o remate de Fabián marcharíase cruzado en exceso e Iván Facal adiantaría aos seus cun gran disparo que entrou na portería logo de dar no pau, co que o dubrés materializaría unha contra.

Jonathan buscaría o empate cun disparo lonxano que sacaría Brais Midón e practicamente a continuación, un novo lanzamento de longa distancia de Iván Facal significaría o 2-0.

E xa co partido tocando ao seu fin, Quintela recortaría diferenzas dende o punto de penalti.

CF Noia 2 – 1 Xallas FC

CF Noia - Xallas FC. Foto: Facebook CF Noia.

Xallas FC: Julián, Jacobo, Dany Becerra, Doro, Julián López, Baba, Marcos, Iago, Rubén (Abel m.78), Iván e Óliver.

Goles: 1-0 m.12: Quintairos (p); 1-1 m.62: Óliver; 2-1 m.68: Nando.

Comezaba o partido co Noia levando o peso pero sen crear perigo sobre a portería visitante.

Ían pasando os minutos e o Xallas achegaríase á porta rival con accións a balón parado, mentres que os locais farían o propio con contras perigosas e nunha delas sería como chegaría a acción do penalti protestado sobre Adrián Quintairos que el mesmo transformaría.

A raíz do 1-0, o Xallas comezou a ter máis chegada e, Doro e Iván terían unha dobre oportunidade logo do pase da morte de Julián López, pero os verdes non serían quenes de materializala.

Antes do tempo de lecer, Iván tería unha nova ocasión á saída dun córner pero o seu remate marcharíase arriba.

No segundo acto, os noieses sairían a por todas e a piques estiveron de ampliar a súa vantaxe en dúas oportunidades clarísimas pero non acertarían e verían como Óliver devolvería as táboas ao marcador.

Pero o Noia volvería a poñerse por diante tan só seis minutos despois do gol do empate, cun libre directo que transformaba Nando.

Tras isto, o Xallas buscaría a igualada de novo pero non Julián López e Doro non lograrían convertir as ocasións en gol e chegaríase ao remate do encontro co 2-1 no electrónico.

Comentarios