Preferente: Xornada aciaga
07:00 21/01/19
Saúdo inicial no Xallas-Atlético Arteixo
Nin Xallas nin Sofán foron quenes de sacar algo positivo dunha fin de semana na que os xalleiros caeron inxustamente ante o Atlético Arteixo nun partido do que mereceron sacar algo positivo e na que os sofanistas sucumbiron ante un Ribadeo moi acertado de cara a gol.
SD Sofán 2 – 3 Ribadeo FC
Raúl e Canedo loitan por un balón cun rival no Sofán-Ribadeo. Foto: SD Sofán.
- SD Sofán: Javi Rumbo, Iván Rey (Matías m.61), Pablo, Rubén (Nacho Moreno m.81), Antonio, Sera, Canedo, Jonathan (Eibe m.61), Fabián (Juanjo m.73), Quintela e Raúl.
- Goles: 0-1 m.6: Brais; 1-1 m.18: Quintela; 1-2 m.24: Poratti; 1-3 m.56: Juanma; 2-3 m.86: Quintela.
O defensa local Antonio no Sofán-Ribadeo. Foto: SD Sofán.
Tivo Raúl o 2-1 pero o seu remate en boca de gol sacaríao Javi de maneira incríble. E dunha porta a outra, pero esta vez Poratti non fallou para poñer o 1-2 co que se chegaría ao tempo de lecer.
Na segunda metade, máis do mesmo, ocasións do Sofán e goles do Ribadeo. Javi sacou unha man incríble a un gran disparo de Canedo e nun córner chegou o terceiro dos visitantes.
A SD intentouno, tivo ocasións, e a pouco do final, Quintela acortou distancias. Pero novamente a falta de acerto privou do empate nos últimos intres aos locais, nunha ocasión na que Canedo só no punto de penalti rematou alto.
Xallas FC 0 – 1 Atlético Arteixo
11 inicial do Xallas ante o Atlético Arteixo
- Xallas FC: Julián, Jacobo, Dany Becerra, Doro, Julián López, Álex Canedo, Marcos, Iago (Carlos m.84), Rubén (Abel m.60), Iván (Álex Blanco m.74), Óliver (Baba m.60).
- Gol: 0-1 m.46: Rubén.