Domingo. 15.12.2019
El tiempo

Preferente: Xornada para esquecer

O Sofán tampouco sacou nada positivo da súa visita a San Tirso
O Sofán tampouco sacou nada positivo da súa visita a San Tirso
Preferente: Xornada para esquecer

Xornada fatídica para os nosos. Triple derrota para os nosos. Segunda consecutiva para un Fisterra que mantén a segunda praza. 7º partido sen gañar da SD Sofán, que se segue asomando ao fío. Mentres o Xallas cortaba ma Coruña unha serie de 4 partidos sen perder, deixándose ademais unha ocasión inmellorable de alonxar aos dous de abaixo.

 

Arteixo - Fisterra (1-0)

11 do Fisterra en Arteixo

  • Fisterra: Iván bouzón, Pablo Vigo, Colombia (Piti, m.71), Dani Rubia (Cristopher, m.81), Dani Asensio (Javi Suárez, m.90); Aarón López, Roa (Lobelos, m.71), Santi Taboada, Julián López, Andres Vigo e Capelo.
  • Gol: 1-0, m.2.

O Fisterra na Ponte dos Brozos

Saíu durmido o cadro fisterrán na mañá dominical ao céspede da Ponte dos Brozos, e nada máis comezar xa un cabezazo en forma de tanto. As baixas mermaban moito o potencial ofensivo dos verdes, que aínda así pelexaron os 90 minutos por darlle a volta ao marcador. Capelo, Aarón ou Dani Asensio tiveron ocasións pero non acertaron. Os últimos 15 minutos o cadro de Canosa estivo con 10 pola expulsión Pito.

 

San Tirso - Sofán (2-1)

11 do Sofan en San Tirso

  • Sofán: Álex López, Dani Becerra, Juanjo Viqueira, David Castro, Rubén Balsa (Raúl Añón, m.46), Canedo, Fabián, Jacobo Eibe, Parafita (Pablo Carro, m.65), Raúl.
  • Goles: 1-0, m.13; 1-1, m.41: en propia; 2-1, m.81.

Están “negados” os da SD, e así o demostraron no Monte, pois puideron ter sacado algo positivo ante un dos de arriba, pero voltaron, unha vez máis e xa son 7 seguidas, de baleiro.

Tras os primeiros minutos de tanteo por parte dos dous equipos, chegou o gol dos locais no primeiro cuarto de hora, onde tras unha falta lateral botada por Alvaro e ante o tráfico na área colase na porteria de Alex López poñendo o 1-0.
As chegadas constantes as áreas foron a tónica xeral durante todo o partido debido as dimensións do campo, e nunha delas, antes do descanso, chegaría o empate, tras un bo centro dende a banda esquerda de Eibe que remata no primeiro pau Canedo e o seu remate desviao o fondo da sua propia porteria César.

Na reanudación volveron as alternancias nas ocasións en cada equipo. Eibe mete un centro que volve a pasearse pola area pequena sen que Raúl nin Fabian acertasen a rematar, e a mesma acción repetiriase uns minutos despois. Ademais, a SD reclamou un penalti sobre Juanjo que o árbitro non considerou como tal.

A 10 do final, e tras unha xogada no que os locais reclamaron unha falta sobre Fabián, chega a acción do segundo gol, onde o balón chega a banda dereita, onde recibe Xian e tras adentrarse no vértice da area marca de tiro cruzado ante a saída de Alex López.
Outra semana onde o equipo sofanista fai méritos para levarse o partido, pero o final a sorte decantase do lado contrario.

 

At. Coruña Montañeros - Xallas (2-0)

  • Xallas: Coke. Marcos Mouro, Jacobo, Peke, Marquiños, Borja, Santi, Pablo Mato, Juan de Celia (Carliños), Doro e Álex Blanco.
  • Goles: 1-0, m.20; 2-0, m.42.

Partido diante dun rival directo que se formulaba como unha final. Pero o equipo non saíu concentrado e os herculinos levaron o peso do partido. Pronto se colocaba por diante o cadro local tras unha perda da defensa xalleira. A lesión de Juan de Celia á media hora deixou orfo o ataque dos de Adrián Lema, que non reaccionaron ata o descanso, sufrindo ademais un tanto máis tras unha presión descoordinada.

Saíron máis enchufados na segunda, con maior iniciativa ante un cadro local que se meteu atrás vendo o empuxe do cadro xalleiro. E houbo ocasións, dúas moi claras para empatar, un gol anulado (protestado) a Doro, unha acción de Álex Blanco e unha man na área que o colexiado non viu, e que puido ter permitido que os verdes trouxeran algo positivo e non romperan a boa liña dos últimos partidos.

 

Todas as crónicas de Preferente

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios