luns. 23.03.2026
El tiempo

3ª FUTGAL: 6 equipos quedan na loita polas 3 prazas da promoción

O Sporting Seaia venceu ao Pereirina
O Sporting Seaia venceu ao Pereiriña e se coloca ben na loita pola promoción
3ª FUTGAL: 6 equipos quedan na loita polas 3 prazas da promoción

Apreta a táboa por arriba o Coristanco vencendo, con apuros, ao Buño en Xaviña, e aproveitando a xornada de descanso do líder, Oza. Cos dous equipos co ascenso directo practicamente sentenciados (teñen 13 e 12 puntos de vantaxe con 21 por xogar), toda atención está posta no choque directo da semana que vén na Rocheira, que pode que decida o título de campión.

Por detrás, a segunda loita, pola promoción, está moi fermosa. Co Cee destacado (puido co Lira en Lombáns), 6 equipos xóganse 3 prazas, unha vez que parece que Volantes, Camelle, Llira ou Nantón quedan descolgados.

O Laxe colócase 4º tras vencer, con moita sorte, ao Camelle. Ademais, no choque máis bonito da xornada, o Seaia vencía ao Pereiriña e o adianta na táboa.

Con todo, Buño, Baíñas e Cerqueda (que rompeu unha serie de 7 derrotas seguidas) están a 1 e 2 puntos dos ceenses, polo que a loita está viva ata o final.

Inter de Brens - Cerqueda (1-2)

  • Inter: Costa, Diego, Evaristo, Christian, Ferreiro, Juan Lagoa, Jose, Alex Castro, Leo e Torices. Tamén: Santi Agulleiro e Barreiro.

11 do UD Cerqueda

  • Cerqueda: Breo, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samuel Amado, Andrés, Hugo Fraga, Sergio, Juan Rivera, Schuster, Brais Costa e Palermo. Tamén: Eloy Santos, Pablo, Iker e Alex.
  • Goles: 0-1, m.6: Dani Reixía de falta; 1-1, m.43: Ferreiro; 1-2, m.77: Samu Amado.

Quería aproveitar a visita ao pechacancelas o Cerqueda para saír dunha serie malísima. E saíron a por todas, meténdose moi pronto por diante cun fermoso gol de falta de Dani Reixía dende a frontal. Tiveron ocasións para ampliar a renda os de Gurita pero co paso dos minutos, os locais foron fortalecéndose no medio campo, aumetando a intensidade e meténdose en campo contrario, empatando tras un bo roubo na saída do balón.

Comezaba igualada a segunda metade, cun Cerqueda algomáis entonado, ata que Samuel nunha xogada individual metía de novo aos visitantes por diante. Aí co Inter envorcado puido caer o empate pero tamén o gol da sentenza, pero o marcador non se movería.

Volantes - Muxía B (0-1)

11 do VOlantes de Bano en Miraflores

  • Volantes: Xandre, Marcos, Manu Fontenlos, Stefan, Aarón Insua, Saúl, Aarón Gómez, Senández, Raúl París e Javi. Tamén: Miguel, Edu, Guille, Rober, e Óscar Calo.
  • Muxía B: Miguel, Damián, José Luís, Kevin, Iván Sambad, Adrián Furelos, Papin, Eloy Sambad, Adrián Baamil, Ziro e Toja. Tamén: Peski, Noé, Martín, Isma e Xan Nogueira.
  • Gol: 0-1, m.2: Toja.

Capis do Volantes e do Muxia B

Arrincaba o choque co único tanto do partido, obra de Toja nada máis comezar. Un choque no que os protagonistas foron os dous porteiros. O Volantes tomaba as rendas do partido, e malia estar algo brandos atrás, que permitía algunha contra que tiña que salvar Xandre. Tivo unha máis que clara o cadro local, unha a porta baleira pero o balón saíu alto.

Na segunda os de Congui metéronse algo máis atrás, tendo algunha contra (sobre todo unha internada de Peski cuio centro chut paseouse pola meta local), mentres que o Volantes o intentaba unha e outra vez, acumulando ocasións, pero atopándose unha e outra vez como Miguel Toba, o heroe corviño da tarde.

Baíñas - Nantón (6-1)

11 do CD Bainas en Vimianzo co 15 de Dario
O CD Baiñas co 15 de Darío, que sufríu un accidente de coche e non pode xogar en varias semanas
  • Baíñas: Fabián, Chavico, Rodri, Manu, Samu, Estiven, Esteban, Fandi, Crisca, Ibra e Ruli. Tamén: David, Santi, Leo e Carlos.
  • Nantón: Jose, Iago Torres, Adri Abelenda, David Fariña, Xoel, Carlos Vidal, Jorge, Alberto, Dani Castro, Alex López e Juan. Tamén: Fran Torres, Nando Cabeza, José, e Regueira.
  • Goles: 1-0, m.15: Esteban; 2-0, m.39: Crisca; 3-0, m.40: Ruli; 3-1, m.54: Jorge; 4-1, m.67: Ruli; 5-1, m.86: Ruli; 6-1, m.87: Carlos.

Partido claro do Baíñas de Antelo ante un Nantón que non soubo competir contra o vento. O cadro local apretou e meteu aos cabaneses na súa área colocando un claro 3-0 ao descanso.

Entraron algo mellor os de Adrián Varela na segunda, recurtando pero o 4° do Baiñas foi un mazazo insuperable.

Buño - Coristanco (1-2)

11 do SCD Buno en Xavina ante o Coristanco

  • Buño: Cristian, Alan, Roberto Carlos, Alexis, Javi Alonso, Adrián Pose, Fraghiña, Jorge Calvete, Andrés, Sergio e Martín. Tamén: Anxo, Javi Facal e Dani Vázquez.
  • Coristanco: Jairo, Gabri, Borja, Lorenzo, Dani Vázquez, Matteo, Mateo, Dani Casti, Kevin, Iván Pastoriza e Pablo Pose. Tamén: Villajos, Lou, Xoel, Benxa e Samu.
  • Goles: 0-1, m.4: Pablo Pose nun córner; 1-1, m.14: Roberto Carlos; 1-2, m.46: Pablo Pose a centro de Iván Pastoriza.

Con baixas importantes chegaba ambos equipos, que disputaron un bonito e entretenido partido en Xaviña ante unha gran afluencia de público. O choque comezaba cun minuto de silencio polo pasamento da tía de Izan e da bisabuela de Aguiar, baixas onte no cadro local.

O Coristanco, con 5 xuvenís na convocatoria, marcou nada máis empezar o partido nun córner, empatou o equipo de Dani Calvete nunha falta lonxana que se envenenou sen tocarlle ninguén.

Ao inicio da segunda, tiveron os oleiros unha moi clara para poñerse por diante, pero na seguinte xogada era de novo Pablo Pose o que metía en vantaxe aos de Adrián Lema. Ambos equipos tiveron varias ocasións para que o resultado cambiara, co cadro local pelexando ata o pitido final polo empate.

Laxe - Camelle (1-0)

  • Laxe: Jacobo, Dario Mira, Brais Simal, Pablo, Leo, Izan, Djamel, Guzmán, Aarón, Micky Pose. Tamén: Santi Casás, Bieito, David, Pedro e Martín Andrea.
  • Camelle: Ángel; Chans, Micael, David, Martín; Mario (Fabián), Josiño, Marcotiño (Raiku), Gaby (Tereso) (Lucas P.), Lucas P. e Dido.
  • Gol: 1-0, m.70: Brais Simal a pase de Santi Casás.

Partido moi espeso do Laxe, ante un Camelle que estivo máis dominador e tivo as mellores ocasións, incluído un tiro ao pau ou un man a man de Dido ao que Jacobo, o auténtico MVP do choque, fai un doble paradón.

A segunda foi moi parecida, sempre co cadro de Sergio algo máis metido en campo contrario, ante un Laxe que tamén tivo os seus minutos, e conseguía meterse por diante por medio de Brais Simal. Volveuse algo tolo aí o partido no último cuarto de hora, con ocasións nas dúas áreas, máis claras na do Laxe. Pero a sorte desta volta estivo do lado dos de Manu Saleta. Na última xogada subiu o meta camellán, o colexiado sinalaba penalti pero salvou Jacobo 3 puntos que meten ao laxe na 4ª praza, tras 9 vitorias nos últimos 10 partidos.

SD Laxe tras vencer no Rodeiro
SD Laxe tras vencer no Rodeiro

Lira - Cee (0-3)

  • Lira: Raúl, Xurxuo, Alexandre, Christian, Lude, Marcos, Carlos, Ramón, Alberto, Cibrán e Iván París. Tamén: Adrián, Pablo, Miguel, Hugo e Gael.
  • Cee: Jorge, Regueiro, Diouck, Munitis, Fontaíña, Carlos, Keko, Josiño, Anxo, Pablo e Xián. Tamén: Manu, Miguel, Jonathan, Roberto, Isma.
  • Goles: 0-1, m.42: Anxo; 0-2, m.56: Regueiro; 0-3, m.89: Isma.

Boa vitoria do Cee que segue certificando esa 3ª praza para ir con lixeira vantaxe á promoción. A primeira metade foi igualada, intensa e cos dous equipos querendo o balón, con ocasións primeiro para os ceenses nin córner que remata Josiño ao longueiro, e despois para o Lira cun tiro de Alberto dende lonxe que tamén repele a madeira. Pouco antes do descanso, Anxo abre a lata cunha falta, protestada polos lirachos, dende o borde da área.

Comezaba o Cee dominando na segunda, obrigando a Raúl a sacar varias ocasións, con tiros dende a frontal e un córner en xogada ensaiada. Amplían a vantaxe os visitantes cunha volea de Regueiro. Aí melloran os lirachos, que comezaban a chegar arriba, pero coa pólvora mollada, e cando mellor, estaban unha contra é aproveitada por Isma para pechar o choque.

At. Pereiriña - Seaia (0-2)

  • Pereiriña: Maikel, Cartamil, Oca, Esteban, Gabri, Javi Calo, Jon, Pablo, Martín, Tito e Oli. Tamén: Xacobe, Aitor, Maelo, Víctor Agulleiro e Javichu.
  • Seaia: Isaac, Alex Mato, Brais, Nico, Alex, Erik, Belar, Noel, Simón, Manu Castro e Juni. Tamén: Anxo, Edu, Pablo Caamaño, Martín Costa e Todosantos.
  • Goles: 0-1, m.51: Noel de cabeza nunha falta lateral botada por Edu; 0-2, m.70: Manu Castro aproveita un balón morto tras un córner.

Moi bo partido no Sampaio de Refoxos, que comezaron os dous equipos con moi bo ritmo, o Pereiriña buscando aproveitar o vento a favor e o seaia cun xogo máis combinativo. Tivo o Seaia un gol anulado nunha primeiro metade con poucos achegamentos.

Na segunda, co aire a favor, os de Manu Cancela foron apretando, aproveitando ademais dúas xogadas a balón parado. Reaccionaron os de Julito, con varias ocasións para recurtar, tendo que sacar a defensa malpicá unha ocasión na liña de gol, pero o marcador non se movería e o Seaia adianta ao cadro ceense na táboa.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios