Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha prórroga e tres quendas de penaltis para uns auténticos Dezaseisavos da #CopadaCosta

Camelle-Muxia da Copa da Costa
Imaxe do Rodeiro para o Camelle-Muxía da Copa da Costa
Unha prórroga e tres quendas de penaltis para uns auténticos Dezaseisavos da #CopadaCosta

Fin de semana de auténtico sabor á Copa da Costa. Se sábado e domingo se determinaron os campións das Copa da Costa Xuvenil, Infantil emais Cadetes; a tarde dominical deixou unha fermosa eliminatoria de Dezaseisavos.

Unha eliminatoria tremendamente igualada, con ata 3 prórrogas (2 acabaron nos penaltis) (xa foron dúas nas dúas eliminatorias da Previa, e aquí se viviron no Laxe-Ponteceso, Baíñas-Muros; e Camariñas-Cee) que viña marcada pola eliminación o mércores do Fisterra a mans do Baio, e a retirada do Buño, obrigado a xogar en mércores por colindar o calendario coa Preferente.

O paseo así do Sofán vai deixar un dos enfrontamentos máis fermosos dos Oitavos: O San Lorenzo - Sofán. Espectacular derbi a partido único o que se vai vivir en Verdillo entre dous auténticos equipazos, despois de que o San Lorenzo demostrase cunha goleada ante o Nantón que non perdeu o ritmo de competición.

Na parte esquerda do cadro, o Ponteceso tivo que esperar á prórroga para superar a un aguerrido Laxe, que tivo as súas ocasións, pero acabou sucumbindo gracias aos goles, un en cada tempo da prórroga de Iván Rey e Alberto Recarey. O cadro pontecesán enfrontarase ao Outes, despois de que os da Serra mandasen a casa a un Mazaricos ao que este final de curso se lle fixo eterno.Adrián e Roberto adiantaron aos da Serra e malia que Borja recurtaba a 15 do final, os de Alvite non conseguiron igualar o choque.

Fermosa estampa tamén no Rodeiro para un Camelle-Muxía, no que os vermellos non deron opción aos recén ascendidos cos tantos de Maikel Mouzo, Kevin e Manu Nogueira. O Muxía-Soneira (os vimianceses golearon ao Pereiriña) será outra grandísima eliminatoria.

Un dos grandes partidos da xornada foi o Monte Louro - Esteirana. Ambiente de excepción para o derbi muradán, e expectación ata o final, pois só na prórroga o cadro esteirán puido impoñer a súa categoría ante o cadro loureán.
A Esteirana enfrontarase ao Xallas, que sufríu para superar ao Volantes. Kevin igualaba ao comezo da segunda o gol de Xan Caridad, pero Samuel daba o pase para os de Adrián Vázquez, sempre un dos grandes favoritos.

Na outra parte do cadro, o Porteño demostrou que segue estando en forma, e despois de eliminar ao Oza nun partido de tolos, puido con todo un Coristanco gracias ao un tanto en propia e outro de Brais xa co tempo cumplido. O cadro de Juni tivo opcións ata o final. Os de Cousillas terán enfronte ao Corcubión, que superou, cos tantos de César Lojo e Iago Lema (2), quen se non, a un Castriz que di así adeus ao soño da Copa.

Pola súa parte, o Baio, despois de eliminar a todo un Fisterra, e coa flecha para arriba despois da complicada temporada, visitará As Redondas, pois o Cabana goleou sen piedade ao Zas cos tantos de Sergio e Simón.

A eliminatoria dos penaltis é a que enfrontará a Baíñas e Cee. Os vimianceses superaron ao Muros na lotería e o Cee fixo o propio co Camariñas no Hermanas Patiño.

Na última eliminatoria e a última hora, o derbi malpicán entre Seaia e Cerqueda tivo que chegar aos penaltis, sendo o Cerqueda o  que terá unha dura proba ante un Dumbría que é outro claro favorito, como o demostrou goleando ao Lira.

Copa da Costa 2023 - Copa Masc copia

Máis info

Comentarios