Venres. 29.03.2024
El tiempo

#QPCtv estréase este domingo retransmitindo o Corme-Soneira

Cartela QPCTV Corme-Soneira
#QPCtv estréase este domingo retransmitindo o Corme-Soneira

Este domingo 17 de outubro é un día histórico para o Fútbol da Costa. Terá lugar a primeira retransmisión dun partido das Ligas da Costa en directo, gracias ao novo proxecto #QPCtv. Esta plataforma audiovisual, esta “tele” feita por e para a Costa da Morte abranguerá moitas temáticas, pero o Fútbol da Costa volverá servir de fío condutor e impulsor de iniciativas innovadoras.

A primeira emisión será, en aberto a través da ligazón qpctv.gal, cun histórico Corme - Soneira que abre a campaña na miniLiga da Costa da 1ª Galicia. Un partidazo no Cairo, onde realizaremos unha despregadura de medios espectacular: 4 cámaras, realización, grafismo, locutor, comentaristas, humoristas…

O choque comezará as 17:00h pero dende as 16:30h conectaremos en directo co locutor Antón Lestón, os comentaristas Alberto Pose e Óscar Leis, o humor do Dúo Minúsculo, e todo o equipo de produción.

Plataforma de pago

Este partido será en aberto para que vexades o formato de emisión. A partir da vindeira semana, estrearemos a nova plataforma será de pago, e poderedes sucribirvos en qpctv.gal a partir de 4 euros ao mes, tendo asegurando, polo menos, a cobertura en directo dun partido das 1ª, 2ª e 3ª Galicia da Costa cada semana, ademais doutros contidos.

Agardamos que confiedes na potencialidade de termos unha televisión propia na Costa da Morte e vos suscribades.

O proxecto nace gracias á fusión dos proxectos de Quepasanacosta e a produtora costeira SensorMedia, e coa colaboración das seguintes casas:

PINCHA AQUÍ PARA VER O PARTIDO
 

Máis novas sobre QPCtv

Comentarios