Repaso á xornada de entre semana
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Xoves 8 de decembro e varias das ligas máis longas aproveitaban a festividade para desputar unha xornada máis.
Preferente
Foi o caso da Preferente, onde os nosos dous representantes disputaban, con sorte dispar, pola mañá. O Sofán volvía vencer no Carral, 2-1 ante o At. Coruña Montañeros (goles de Miguel Taibo e Alexandre), sendo un dos equipos máis enforma da categoría tras sumar a súa 5ª vitoria consecutiva.
Pouco ou nada puido facer o Fisterra en Ordes. O equipo de Fabián e Kali tiñan unha opción de ir recurtando cos equipos desa zona baixa, pero o set recibido, co seu porteiro como mellor home, mantenos no fondo da táboa.
1ª
Vencía o Soneira na xornada de mañá a todo un líder como era o Lalín, cun novo tanto de Javito (xa suma 9, só superado na táboa pola dumbriés Estévez), demostrando que o equipo de Pedro Gómez vén cara arriba e pode acceder a todo.
Tamén pola mañá a Esteirana rescataba un punto no choque na casa ante todo un Negreira. Un gol de Pachi igualaba o tanto inicial de Berto para os nicrarienses.
Mala, malísima, xornada de tarde para os costeiros, con derrotas, claras, para Mazaricos, Baio e Xallas, e un empate do Dumbría fronte o penúltimo da táboa, escapádonselle a vitoria no desconto. Os goles de Lucas e do pichichi Estévez foron anulados cando o colexiado ía pitar o final do partido.
3ª
Non fallou o líder, Porteño, ante o Laxe. Lucas, con outros 3 tantos, sitúase coa frioleira de 21 tantos en 11 partidos, sendo o seu compañeiro Alan, que tamén marcou, o segundo máximo goleador con 13 goles.
Por detrás segue o Buño, que tiña que remontar o gol inicial de Iván Moreira para o Nantón, cos tantos Eloy Suárez e Miguel Dourado. A 7 quedan os de Carabel, empatados co Baíñas, que non fallaba ante un pechacancelas, o Malpica, que polo menos xa non fai circo nos partidos, e compite como equipo. Os tantos de Cristian Hermida (2) e Adrián Canosa valen 3 puntos para manterse no podio.
Unha das sorpresas da xornada foi a derrota do Zas ante o Lira. O armado cadro de Sil soubo esperar o seu momento para levarse o partido cos tantos de Saúl e Pablo Leis, deixando ao equipo de Martín a 4 dos Buño e Baíñas.
Completan a lista de 4 equipos que se meten en playoff Pereiriña, que vencía o derbi co Ameixenda con triplete de Saulo Pose, e Camelle, que superaba ao filial xalleiro con goles de Sergio e Rodrigo na primeira metade.
Ademais, o Castrelo vencía ao Seaia e aínda ten opcións de meterse na zona de promoción.
Ligas Galegas
Houbo ademais xornada nas Ligas Galegas, con goleada en conta para uns xuvenís do Dumbría para os que pinta moi mal o curso, e un empate duns cadetes que se manteñen en zona morna.
Xuvenís e Infantís
Goleadas rotundas de Sofán e Xallas no que foi o ecuador da temporada. Os dous seguen pelexando no alto da táboa, só separados por un punto a favor dos carballeses, que se proclaman campións de inverno. Outes e Corme non fallaron e mantéñense a unha distancia viable de rescatar.
En Infantís, non fallaron os de arriba, Outes, VImianzo e Escolas Juan Cabrejo Camariñas, que mesmo goleou ao Dumbría.