Venres. 19.04.2024
El tiempo

A SD Fisterra prescinde de Ángel Ventanas e Isi

Isi e Angel Ventanas
Isi e Angel Ventanas
A SD Fisterra prescinde de Ángel Ventanas e Isi

Xornada 8 na Preferente e o renovadísimo SD Fisterra apenas leva 2 puntos. Certo que o club vive un curso de transición, con cambio de directiva, cambio de adestradores e cambio de medio plantel trala exitosa campaña do curso pasado. Certo que Ángel Ventanas e Isi asumiron o mando do equipo nun dos momentos máis complicados dos últimos anos. Certo que hai xogadores claves nesta curta e moi nova plantilla como Adrián Makaay ou o muradán Toni que levan un mes sen competir, e outros como Jose Lema ou Jano que estiveron fóra varias semanas.

Pero a directiva vén de decidir dar un cambio de timón. “Na dinámica que estamos e cos resultados que temos, hai que cambiar algo. E sempre é mellor cambiar un que cambiar 16”, explica o presidente Sergio Insua, “a ver se nos axuda a cambiar a dinámica negativa na que estamos”.

É case seguro que ao longo da semana presenten o novo adestrador, ao tempo que buscando novas fichaxes, para afrontar o choque deste domingo ás 17:00h en Ara Solis ante o Victoria C.F.

Comentarios