![A Seleccion Sub12 da Costa en Sarria 1]()
A Seleccion Sub12 da Costa en Sarria Disputou a Selección Sub12 da Costa a segunda fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais celebrado este sábado 26 de xaneiro en Sarria. Con moito pero cun gran ambiente e un bo soliño, os xogadores da Amarela disfrutaron da competición de alto nivel e dunha divertida e emocionante convivencia. E de novo, o plano deportivo non foi o máis positivo. Dúas derrotas foi o saldo dos costeiros, como
na primeira fase celebrada no Cunchido. Comezaron ante Santiago, unha selección moi potente, pero os de
Barca e Skío saían decicidos a prantar cara. Ata o punto de que xa no minuto 3 Iván Castro (Ponteceso) xa adiantara aos amarelos tras unha boa xogada combinativa. Pablo Costa e Iván Castro tiveron sendas ocasións, pero pronto empataba a selección santiaguesa, que respondía e obrigaba a Dylan a salvar a pronta remontada. Despois de media hora de igualdade, cun combinado santiagués que ía dominando algo máis, xa no desconto do primeiro tempo e á saída dun córner, gol pantasma dos santiagueses que, ante a falta do ollo de falcón, o colexiado deu por válida. Na segunda, os costeiros saíron decididos e Alex avisaba, pero pouco a pouco as defensa se impoñían aos ataques. Só marcaría Santiago, de novo tras un córner, deixando claro que só o balón parado condenou á Costa dun mellor resultado, no que realizaron un gra xogo combinativo ante un dos grandes do torneo.
![Skio e Barca dando a charla a Seleccion Sub12 da Costa]()
Skio e Barca dando a charla a Seleccion Sub12 da Costa Esperaba Vigo pola tarde, outra selección moi potente, e unha mala primeira metade, cun claro 6-0 no marcador, acabaou coas esperanzas dos amarelos. Na segunda parte o equipo mellorou moito e volveu a ser o do primeiro partido. Vigo faria 2 goles mais e Alex Muiño marcaría o da honra para o 1-8 final.
Convocatoria
![Seleccion da Costa sub12]()
Esta foi a convocatoria:
- Dylan Fernández Oanes (Dumbría).
- Javier Blanco Fariña (Cerqueda).
- Lucas Souto Areosa Sofán).
- Sergio Campos Prieto (Outes).
- Ismael Domínguez Lago (Cee).
- Danie Castro García (Ponteceso).
- Carlos Trinidad Leo (Cee).
- Pablo Costa Carabel (Dumbría).
- Alejandro Muíño Fariña (Zas).
- Simón Rey Casal (Esteirana).
- Brais Fontenla Lema (Cabana).
- Javier Lema Lóez (Dumbría).
- Íker García Velo (Xallas).
- Iván Castro Aldao (Ponteceso).
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-seleccion-sub12-vence-a-esteirana-e-xa-pensa-no-campionato-galego/
“A sub12 venceu ao Dumbría e a sub15 próbase no Triangular sub” — Que pasa na costa “A Amarela sub12 disputou no Cunchido un novo Campionato” — Que pasa na costa