A subdelegación da Costa queda sen subdelegado arbitral

16:15 22/07/25
O Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Galega de Fútbol vén de comunicarlle a Manuel Espasandín que deixa de ser o subdelegado arbitral. A entidade federativa asumirá as designacións desta pretemporada dende a Delegación da Coruña, á espera de saber se nomeará un relevo ao xa ex subdelegado.
O colexiado baiés recollera o testigo de Vítor Recarei en 2023, e nas dúas temporadas nas que estivo ao mando do subcomité, o colectivo arbitral continuou o seu imparable creceemento, acompañado ademais dunha identidade e sentimento de comunidade tremendamente valorable.
