Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Galicia: Que ninguén se marche ata o asubío final!

Corcubión Xallas
Corcubión Xallas
3ª Galicia: Que ninguén se marche ata o asubío final!

Atlético Pereiriña 2-1 Camelle

Pereiriña: Isma Antelo; Tonecho (Juan, 90’), Jose, Adri Ozón, Fabi (Kevin, 87’); Tebo, Bora Bouzón, Chiru (Jaiolo, 73’), Brais Lagoa (Javi, 65’); Tito (Álex Agulleiro, 60’) e Roy.

Camelle: Roi; Ruso (Chory), Pablo, Snaky, Martín; Rodri, Dido, Barreiro, Adrián (Carlos); David (Vinka) e Miguel Riveiro

Goles: 1-0, 14’: Brais Lagoa / 1-1, 80’: Barreiro / 2-1, 87’: Roy.

Pereiriña vs Camelle

Partido marcado polo forte vento que sopraba no San Paio dos Refoxos na tarde do sábado. Comezouno tendo en contra o Pereiriña, ao que se lle facía moi difícil saír xogando ante o bo do Camelle e as nomeadas condicións meteorolóxicas. Aínda así unha boa xogada de lado a lado entre Jose, Roy e Chiru, rematouna Lagoa para adiantar a uns locais que se colocaban líderes momentáneos da terceira na súa volta á competición.

Na segunda metade calmouse o vento e os dous conxuntos dispuxeron de suficientes ocasións, para facer varios goles máis. Sobre todo o Camelle, que estrelou un balón no traveseiro e que tivo o empate nun man a man salvado ‘in extremis’ por Adri Ozón. Ao final, o 1-1, o conseguiron nunha xogada de pillos, na que sacaron rápido unha falta na frontal para que Barreiro marcase ante o desconcerto local.

Cando o empate, quizais o máis xusto, parecía definitivo, Jose cabalgou dende a defensa ata liña de fondo para darlle o pase da morte a Roi, que co seu gol devolvía o liderado ao Pereiriña, e facía saltar as máis de duascentas persoas que non quixeron perderse o debut na casa deste atractivo proxecto.

Corcubión 2 – 2 Xallas B

Corcubión: Marcos; Fran, Mario Suárez (Torices, 90’), Iago Lema; Gorka, Castillo; Martín (Luisete, 46’), Tano (Evaristo, 75’), Íker (Guilhe, 13’); Adri Castro (Pablo, 68’) e César Lojo.

Xallas B: Barbeira (Brais Espasandín, 46’); Moya, Jairo, Becerra, Miguel; García, Geli (Rodrigo, 46’); Nando (Iván, 65’), Stiven, Bruno; Sergio Barbeira.

Goles:  0-1, 43’: Barbeira / 0-2, 44’: Prego / 1-2, 56’: Mario Suárez, de penalti / 2-2, 90’: Iago Lema.

Empate sobre o pitido final o que logrou o Corcubión na casa grazas a un tanto agónico do incansable Iago Lema, que segue un ano máis a liderar o proxecto branquiazul. Os da vila de San Marcos comezaron dominando, pero a fea lesión no ombreiro de Íker fixo que os de Nito quedasen un pouco fríos e baixasen unha marcha no seu ritmo. Algo que aproveitou moi ben o Xallas B xusto antes do descanso, cando logrou dous goles seguidos e moi semellantes, tras unha boa presión na saída corcubionesa.

Pese a recibir eses tantos no peor momento, os locais repuxéronse ben tras o descanso e aos dez minutos acurtaron distancias cun penalti, que ademais chegaba acompañado da expulsión de Jairo. Dende entón, o Corcubión cargou o área visitante, tendo César as dúas máis claras do encontro en dous mans a mans con Barbeira. Pero unha vez máis, e xa son incontables, Lema aparecía para salvar un punto cun gran remate de cabeza no desconto, aínda que quedou tempo para que os verdes protestasen un penalti por man de Gorka.

Ameixenda 1 – 2 Castrelo

Ameixenda: Rivers; Juan, Chapu, Capelo (Martín, 57’), Iván; Elhadji, Kamacho, Samu; Pablo, Alexis (Saulo, 46’) e Cristian Aguirre (Andrés, 54’).

Castrelo: Agustin; Quintelo (Gustavo Freire, 40'), Marcos Duarte, Luis Roget, Ivan Chans; Daniel Picallo, Chavico (Conde, 82'), Miguel Fernández, Sebas Rodriguez (Cristian Canosa 53'), Capote e Esteban Lado.

Goles: 0-1, 26’: Capote / 1-1, 44’: Cristian Aguirre / 1-2, 85’: Esteban.

AmeixendaCastrelo

Partido moi igualado, con alternativas e ocasións de gol polos dous equipos, aínda que os porteiros non fixeron grandes paradas xa que a maioría das ocasións saian fora. Nesa alternancia de xogo, foi o Castrelo o que empezou dominando, grazas a unha mellor distribución dos espazos no campo. Non obstante, cando máis cómodo parecía o Ameixenda controlando o xogo, unha contra moi ben levada polos vimianceses daba lugar ao 0-1, obra de Capote. A partir da aí o Castrelo tivo outros dez minutos de dominio ata que, no treito final, os locais ensinaron os dentes logrando empatar nunha falta lateral, case enriba da liña de fondo, que sacou Samu e rematou Cristian de cabeza.

A segunda parte foi moi parecida á primeira, con xogo alterno e algunhas ocasións para ambos equipos. Co paso dos minutos tamén se notou o lóxico baixón físico e parecía que o empate sería o resultado final, pero a cinco minutos do final, Esteban probou sorte dende lonxe e o seu disparo sorprendeu a un Rivers que estaba un pouco adiantado. De aí ao final reclamou o Ameixenda dous posibles penaltis, queixándose sobre todo dun sobre Kamacho.

Oza 3 – 2 Porteño

Oza: Gesto; Vilariño, Casais, Alberto, Iago; Alex, Nacho, Pichel; Suso, David LP e Kevin.

Porteño:

Josiño, José pejo, Jose M caamaño, Manuel Canosa, Yeray Vieites, Angel Quintana , Edgar Lemus (Thiam, 65'),  Cachi (Lucas Carril, 65'), Joseba, Alan Suárez e Martin Suárez

Goles: 0-1, 4’: Alan / 1-1, 24’: David LP / 2-1, 43’: Nacho Pose / 2-2, 90’: Alan, de penalti / 3-2, 93’: Cristian Pace.

Tremenda a primeira vitoria da historia da Sociedade Deportiva Oza, que tivo que tirar de épica para lograr os tres puntos no Carral ante un Porteño que viña de golear na primeira xornada. Porque a tarde non comezaba ben para os locais, recibindo un gol na primeira xogada de perigo, froito dunha rápida transición ofensiva dos camariñáns. Pero o gol espertou aos carballeses, que empataron tras unha fermosa xogada individual de David LP, antes de que Joseba estivese a piques de facer un dos goles da tempada nun disparo dende o centro do campo despois de ver adiantado a un Gesto que conseguiu desviala ao pau. Unha xogada que motivou a Nacho que, cunha espectacular volea dende trinta metros, fixo o 1-2 co que se chegou ao descanso.

A segunda parte comezou cun Porteño máis dominador, aínda que as máis claras chegaron en dous mans a mans que David LP non foi quen de mandar á rede. Un David que era expulsado pasada á hora de partido, o que facía que o Oza cedese un pouco máis o control da pelota. Ademais, no 90’, o colexiado sinalaba un penalti por man de David Lista que remata cun novo expulsado por protestar, Jorge Pichel, e co empate visitante. Pero nin así baixaron os brazos os de Adrián Varela, que conseguiron o 3-2 cun bo disparo de Cristian Pace dende a frontal da área.

Sp Seaia 3 – 0 Laxe

Seaia: Anxo; Adrián Parga (Hugo, 60’), Martín, Jorge Parga (Joel, 75’), Anxo Pose; Iván, Mario (Toni Añón 82’), Álex; Juni, Luis e David (Manuel Garrido, 33’).

Laxe: Jacobo Pose; Manuel Cedron (Óscar Toja, 50'), Jacinto, Borja, David Mohedano, Gora, Carra, Jorge MV, Galeano, Daniel Torrado (Bieito, 45') e Elías.

Goles: 1-0, 37’: Juni, de penalti / 2-0, 78’: Juni / 3-0, 90’: Manu Garrido.

Segue a ter moitos problemas de baixas o Laxe, que se presentou na Pedra Queimada con tan só trece xogadores. En cambio, o Sporting Seaia volveu a dar síntomas unha semana máis de que esta tempada pode competir ante calquera rival e que debe ser considerado como un dos favoritos. E iso que o Laxe, mentres lle dou o peito, fíxolle unha forte resistencia.

De feito, nos primeiros minutos os visitantes se achegaron pola área de Anxo e obrigaron a intervir nun par de ocasións. Pero xusto antes do descanso, un penalti transformado por Juni metía en vantaxe aos locais e obrigaba a atacar máis a un Laxe que deixaría moi desprotexida a parcela defensiva. Máis aínda, cando pasada a hora de partido, Borja vía a vermella directa, o que aproveitaba o Seaia para ir arriba en busca do gol da sentencia, que chegaría quince minutos despois, obra de Juni. No desconto os locais remataron a faena cun bo tanto de Manu Garrido.

Comentarios