martes. 16.09.2025
El tiempo

Ana Oca, de beca a NYC: "Pasar alí un ano síntese como se me tocase a primitiva"

Entrevista con Ana Oca actriz Galicia
Ana Oca, de beca a NYC: "Pasar alí un ano síntese como se me tocase a primitiva"

Xa deixou moito tempo de ser “Anita” (agás no teléfono da nai). Hai anos que xa é toda unha realidade da escena galega, estatal, e en breve internacional. Ana Oca vén de conseguir unha beca Fullbright para estudar na John Strasberg Studio, unha das escolas máis prestixiosas de Nova Iorque.

Antes de atravesar o Atlántico aínda ten unha estrea en Madrid, pero a pequena que deslumbrou a toda España naquel #masterchefkids, leva formándose no mundo do teatro e do cine durante anos, e en breve embarcarase na súa nova aventura profesional.

  • Que significa para ti esa beca?

Dende moi pequena, lembro pedirlle aos meus pais unha viaxe a NY, e que a súa resposta no momento fora que xa tería abondas oportunidades de viaxar alí no futuro. Por exemplo, para estudar. A min aquilo non me cadraba porque nin sabía o quería facer nin quería viaxar eu soa. Pois mira ti por onde, nuns días marcho durante un ano a estudar a formación dos meus soños, non porque convencera aos meus pais ou porque me tocara a lotaría, senón porque as redes de financiación e de ensino públicas funcionan.
Levo toda a vida estudando en centros de ensino públicos porque é no que cren os meus pais, e tamén no que eu creo, e aínda que os estudos de interpretación moitas veces sexan privados, competitivos e prohibitivamente caros, penso que estas bolsas de estudos son unha mostra de que cando se organizan os recursos e cun pouco de orientación calquera persona, calquera, pode estudar aquilo co que soña.

  • Faite máis ilu ir a esa escola ou ir vivir unha temporada a NYC?

Home, como dicía antes, para min NY é un soño e sempre o foi como destino turístico, e ter a posibilidade de pasar alí un ano síntese como se me tocase a primitiva, pero o realmente importante para min e polo que máis agradecida estou é por ter a oportunidade de asistir a uns estudos tan específicos, tan dentro do que a min me gusta facer. Sempre lle digo a xente cando me pregunta que esta é a escola a que eu iría despois de anos de traballo aforrando, se conseguira os cartos. Así que si, quizáis o que máis ilusión me fai é a escola, pero ayyyyyy, vou tolear andando a cidade enteiriña!

  • Ata agora estiveches completando estudios en Madrid, non? Cóntanos.

Non! En realidade levo catro anos vivindo en Vigo, estudando na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Eu decanteime pola especialidade de Interpretación Textual dentro destes estudos, que son, dende logo, unha formación moi completa. A ESAD unha Escola cun potencial amplísimo, chea de mestres, mestras e alumnos e alumnas moi xenerosxs e que se preocupan por facer da escena galega algo artesán, cunha forte conciencia identitaria como firma. Gradueime en xuño coas miñas compañeiras, cunha peza chamada “Dolce far Niente” que agardo prosiga co seu recorrido á miña volta e sobre a que xa darei máis información no seu momento! Foron catro anos transformadores, de aprendizaxe, de loita por unha Escola libre de violencias, de deconstrución e de moito tempo sobre o escenario, que penso que é o lugar máis máxico do mundo.

Ana Oca en  Dolce far Niente
Ana Oca en Dolce far Niente
  • Ademais, seica estás pendente dunha estrea cinematográfica en Madrid, non? Cóntanos?

Si! A miña querida Paula Cons, que é unha muller á que admiro infinitamente, ademáis de pola súa capacidade e calidade de traballo, por poñer sempre o foco no lugar do outro: do ferido, do olvidado, do raro; estrea película este venres no 34 Festival de Cine de Madrid PNR. “Mi ilustrísimo amigo” é un filme que conta a relación amorosa entre Emilia Parzo Bazán e Benito Pérez Galdós, con Lucía Veiga e Paco Déniz encarnando a estas dúas mentes brillantes, e que, ademáis, resultan ser dúas persoas extraordinarias e ridículamente divertidas coas que compartir rodaxe. A miña participación foi pequeniña pero fermosísima. Interpreto a Carmiña, unha moza moi noviña que traballa para Pardo Bazán, quen lle axudará a entender aos poucos as formas do amor sinceiro. Foron uns días fermosos e que nunca esquecerei rodando nas Palmas de Gran Canaria. De novo, grazas a Pau se le isto, por darme o privilexio de habitar os corpos e as mentes de mulleres que, coma min, todavía están aprendendo que é ser muller.

  • A pregunta de sempre: teatro ou cine/tele?

A pregunta infinita! A máis complicada de responder, non só porque decantarse por un ou por outro é como tratar de elixir entre mamá e papá, senon porque sinto que, elexindo, limitamos moito as posibilidades de traballo. Se tivera que escoller unha á que dedicarme toda a vida sen atisbo de dúbida sería ó teatro. As posibilidades que o teatro ofrece de investigar, de crear redes, de xogar, de mudar, de construir e botar abaixo, de conectar co espectador…non as atopas no cine, e quizáis aquí estou ferindo o ego dalgún cineasta, non me extraña, pero é difícil tratar de imitar os procesos artesanais do teatro e levalos a outras artes, a outros conceptos. Sen embargo, o cinema é máxico, é grande, permite contar historias e que estas cheguen a lugares ocultos do mundo. Ambas artes, ambas disciplinas gardan todo o meu respeto, e lonxe de elexir entre unha ou outra, agardo poder viaxar entre ambas, se me deixan, traballando sempre baixo a miña única responsabilidade: contar historias dende a honestidade.

  • Que mestres costeiros lembras cando andas polo mundo?

Nestes últimos anos estudando na ESAD aprendín algo que sei que me acompañará sempre, tanto no traballo como fóra del:loitando mellor mestre ca quen camiña ao teu lado. Pode soar un pouco romántico, mais as aprendizaxes máis valiosas viñeron das miñas compañeiras. Por iso, remitíndome á primeira pregunta, nun mundo que semella esquecer axiña as súas pegadas na historia, nós seguirloitandotando. Hai moitos mestres e mestras importantes na miña vida. Xa saben quen son —probablemente estean cansas das miñas mencións— mais non podo deixar de subliñar o papel das compañeiras de profesión. Lémbrome delas cada vez que preparo un papel ou cando ensaio, porque sei que me acompañan e acompañarán sempre. Segundo o último informe da AISGE, o 72% dos profesionais do noso gremio viven en situación de pobreza, mesmo tendo varios traballos á vez. Son unhas cifras desoladoras, que me aterran a min e a todas as miñas compañeiras.
E, precisamente por iso, volvendo á primeira pregunta, nun mundo que esquece con tanta facilidade, nós seguiremos loitando pola arte: unha arte sen censuras, plural, subvencionada e libre.

Máis novas

Comentarios