A esteirá que fai panadería con algas, recoñecida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de facer entrega o Premio Honorífico á Excelencia na Innovación para as Mulleres Rurais ás mulleres socias de cooperativas do sector agroalimentario, en recoñecemento ao seu traballo colectivo, ao reforzo da súa autonomía e participación na toma de decisións, así como ao seu papel como modelo a seguir para a sociedade no seu conxunto e para as novas xeracións.
E entre as mulleres escollidas, atopamos a Carmen Sánchez Sánchez, de Galuriña, a empresa de Esteiro que fai produtos de panadería enriquecidos con macerados de algas propias.
A costeira levou o segundo premio á Excelencia na Innovación na actividade pesqueira ou acuícola. Tamén recibiron recoñecementos nesta categoría Inés Carballo Tomé, (de Aitana Espirulina, Castell de Guadalest, Alicante) e a empresa de turismo mariñeiro Bermeoko Neskatila eta Saregin Autonomoen Elkartea, de Bermeo (Vizcaya).
Outras entidades recoñecidas son Onconature, de Órgiva (Granada), Melida Wines (Valladolid), Pomoma Fruits SL (Ivars d'Urgell, Lleida) ou Ana Climent Ortiz (de Ca Climent, en La Granja de la Costera, Valencia).
A cerimonia de entrega de premios terá lugar o 15 de outubro, Día Internacional da Muller Rurais.