martes. 16.09.2025
El tiempo

Luz verde ás novas Casas do Maior da Ponteceso, Fisterra, Muxía, Mazaricos, Dumbría, Camariñas e Carnota

Casa do Maior de Ponte Olveira-Dumbria
Imaxe da Casa do Maior de Ponte Olveira, que duplicará a súa capacidade
Luz verde ás novas Casas do Maior da Ponteceso, Fisterra, Muxía, Mazaricos, Dumbría, Camariñas e Carnota

Segue medrando a implantación das Casas do Maior na Costa da Morte. Esa proposta da Xunta para intentar paliar a carencia de Centros de Día e Residencias de Maiores públicos na nosa comarca, que permiten o coidado de 5 persoas durante o día xerando un posto de traballo.

Na nova convocatoria, a Xunta vén de aprobar 7 novas Casas do Maior en diferentes puntos da comarca: Ponteceso (A Campara, Cores), Fisterra (Vilar), Muxía (Senande), Mazaricos (Suevos), Dumbría (Ponte Olveira), Camariñas e Carnota (Capelán).

5 das 7 novas aprobadas (as de Ponteceso, Fisterra, Muxía, Mazaricos e Dumbría) serán xestionadas a través da cooperativa de mulleres da Costa da Morte, que se suman ás 16 que xa coordinan dende este proxecto de economía social e cooperativismo para asentar poboación
A maioría son Casas novas que se ocuparán de coidar durante o día a 5 maiores, se ben as de Mazaricos e Dumbría son ampliacións, ampliando de 5 a 10 os usuarios e de 1 a 2 as persoas coidadoras.

Casa do Maior de Ponte Olveira-Dumbria 2
Así é por dentro a Casa do Maior de Ponte Olveira

Axuda

A Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria emitiu unha axuda de 53.153,00 euros para cada proxecto.

Máis novas

Comentarios