O Torneo Solidario QPC uníu o Fútbol da Costa con Costa de Marfil
Fermosa tarde de domingo de deporte e solidariedade a vivida no campo Municipal Irmandiño de Vimianzo. O Torneo Solidario de Quepasanacosta, unía o Fútbol da Costa, a Coruña, e As Mariñas, con Costa de Marfil.
Un evento artellado da man de Alberto Pose e Óscar Leis, e que contou coa inestimable colaboración do Concello de Vimianzo, a Real Federación Galega de Fútbol ademais da subdelegación da Costa e á subdelegación arbitral; así como á Asociacións do Fútbol da Coruña AFAC e a Asoc. de Clubs As Mariñas-Arteixo; ao Soneira SD, e por suposto, á familia da ONG Egueire, Cooperación para el desarrollo en África.
A xornada serviu para recadar 1150€, que a ONG Egueire destinará para a creación dun comedor social escolar en Ebounou, unha vila do sur de Costa de Marfil. Un proxecto no que a familia de QPC insistirá neste 2026, coa realización de máis eventos solidarios, como o Partido do Combinado Feminino que este Nadal nos foi imposible de cadrar.
De feito, para os que non puidestes estar, podedes facer doazóns para o proxecto enviando a vosa aportación ás contas de Egueire, sinalando no concepto, ”nome do doante + QPC”. Estas son as canles:
- Un bizum co código 02207 ou
- Unha transferencia ES35 2080 0313 9030 4000 5650.
Os Combinados da Costa, finalistas
No deportivo, foi unha boa tarde para os xogadores da Costa. Arrincaba o Torneo co choque entre o Combinado da Coruña e o Combinado do 11 Ideal da Costa actual, vencendo os das Terras do Vakner por 1-0, cun tanto no m.26 de Diego Estévez dende fóra da área.
Ás 17:30h arrincaba o choque entre o Combinado das Mariñas e esperado 11 da Década do Fútbol da Costa, saído da votación especial do pasado mes de xuño pola 10ª edición da Gala do Fútbol da Costa. Non puideron estar todos os que saíron (algúns por lesión, outros por traballo…) pero demostraron que os vellos rokeiros da Costa aínda están a tope, e superaron as glorias herculinas cun tanto de Adrián Makaay, tamén no m.26.
Combinado da Coruña e das Mariñas celebraron o 3º e 4º posto, e un tanto de Villa deulle a vitoria ao cadro das Mariñas.
Era a hora da gran final, o simbólico enfrontamento entre as dúas seleccións da Costa. Foi un choque moi bonito, con moito ritmo, no que o 11 de Iván Cancela prantou moita cara ao cadro dirixido por Pablo Conde e Julio Vila, con a rapaces que podían ter 15 ou 20 anos menos. Foi un solitario gol de Isma Ramos o que daba a vitoria aos novos, pechando así unha fermosa xornada de fútbol e solidariedade.
- 1ª Semi: Combinado 11 da Costa - Combinado da Coruña AFAC (1-0, gol de Diego Estévez)
- 2ª Semi: Combinado da Década do Fútbol da Costa - Combinado das Mariñas (1-0, gol de Adrián Makaay)
- 3º e 4º posto: Combinado da Coruña AFAC - Combinado das Mariñas (0-1, gol de Villa).
- Final: Combinado 11 da Costa - Combinado da Década do Fútbol da Costa (1-0, gol de Isma Ramos).
Mañá subiremos unha completa galería de fotos ás redes de QPC, e nesta ligazón podedes ver os partidos.
Convocatorias
- Combinado da Costa 23/24, dirixido por Pablo Conde e Julio Vila: Anxo Lema (Dumbría), Iván Couto (Xallas); Alex Sánchez (Sofán), Brais González (Castriz), Mataso (Dumbría), Jano (Dumbría), Carlos Costa (Muxía), Iván Parafita (Sofán), Baba (Porteño), Marcote (Dumbría), Javi Antelo (Camariñas), Aday (Malpica), Lucas Toba (Dumbría), Toni (Dumbría), Migueliño (Cabana), Diego Estévez (Dumbría), Manu Nogueira (Muxía) e Keko (Outes).
- Combinado da Década do Fútbol da Costa, dirixido por Iván Cancela: Dani Fedello, Julián Couto; Aarón Fdez., Iago, Pablo Vigo, Iván Rey, Michael, Roberto Amoedo, Alberto Recarey, Sandelo, Julián López, Borja Torrado (no nome de seu pai, Alejandro), Lucas, Moriño, Iván Rojo, Doro, Bruno, Adrián Makaay e Vía.
- Combinado da Coruña AFAC, dirixido por Carlos Cotelo, Leo Lorenzo e José Angel Abelleira: Pato (Relámpago), Jesús (Oza Juvenil); Iago Rod. (Marte), Pablo (Orillamar), Gabriel (Torre), Jacobo (Oza Juvenil), Hugo (Torre), David (Marte), Lucas (Ural), Óscar La Magia (Torre), Habib (Relámpago), Iago Núñez (Ural), Molejón (Ural), Charly (Oza Juvenil), Samu (Oa Juvenil), Pablo (Sp. Coruñés), Imad.
- Combinado das Mariñas, dirixido por Peri e Fabio: Andro (Brexo Lema), Míguez (Sada); Dopico (Ordes), Gamallo (San Tirso), Alex Fdez. (Cambre), Mario Vila (Caión), Medín (Crendes), Jony (Carral), Fafián (Oza-Cesuras), Jesú (Vizoño), Nils (Culleredo), Iván Amor (Paiosaco), Ray (Olímpico), Mario Gómez (Dorneda), Arturo (Carnoedo), Jaco Mantiñán (Suevos), Villa e Boquete.
Os colexiados foron Diego Grille, Alex Tato e Alfonso Caamaño.
Sorteos
Importante o momento dos eventos, xusto antes da gran final, dirixidos por Oscar Leis. Comezaron os sorteos, co pequeno irmandiño Sandro como man inocente, cos asagallos ofrecidos pola familia de Egueire. Xosé Manuel Pensado, secretario da entidade, describriu e entregou xunto con Nerea e Inés, dúas socias da entidade, os 9 elementos de artesanía africana.
Tamén se fixeron os sorteos de dúas camisetas da Selección Galega, doadas pola RFGF, que entregaron a directiva Cristina Regueira e o presidente Pablo Prieto, así como unha cesta de Embutidos Domínguez ofrecida polo Soneira SD, e unha camiseta do CD Lugo, doada polo club lucense.