O Partido Solidario do Combinado QPC MASC recaudou ilusión para Simón e a Asoc. Paseniño
A pesar do tempo, máis de 200 persoas encheron o Conco este venres 3 de xaneiro para o primeiro dos partidos Solidarios da familia QPC. O choque entre o Combinado da Costa QPC Masc e o SD Sofán foi unha demostración da calidade dos nosos xogadores, pero tamén da solidariedade da sociedade da Costa da Morte. Moita xente desafiou as inclemencias meteorolóxicas e quixo aportar o seu grao de area para a familia da Asociación Paseniño.
Nun evento de perfecta organización por parte do Concello de Dumbría e o CF Dumbría, o gran protagonista foi Simón, ese pequeno de Cee, unha das poucas persoas diagnosticadas en España co coa alteración do xen MED13. Foi toda unha alegria facendo o saque de honra, ante a mirada do público, e das bravas de Paseniño, que conseguiron recadar máis de 600€ entre as rifas e a Fila 0 (aínda aberta en ES45 2080 0022 0530 4003 4273).
Sorteos
No descanso, coa axuda da man inocente de Simón, sorteáronse unha camiseta do Dépor asinada polos xogadores do Dépor, doada pol club branquiazul; unha pelota e unha camiseta da Selección Galega doada pola RFGF, e unha Noite no Hotel Faro de Lariño, gracias coma sempre a Jesús Picallo pola implicación nestes eventos solidarios
Combinado QPC - Sofán (1-0)
- Combinado QPC: Coke (Castriz), Breixo (Dumbría), Brais Mouzo (Porteño), Fabián (Castriz), Iago Lema (Corcubión); Mayor (Porteño), Adrián García (Castriz), Iván Facal (Castriz), Bruno (Fisterra), César Lojo (Corcubión) e Isaac Fábregas (Fisterra). Na segunda: Iván Couto (Xallas), Roberto Amoedo (Zas), Elvis (Castriz), Luca (Ponteceso), Dani Chao (Dumbría), Baba (Dumbria), Sandelo (Mazaricos), Iván Facal (Castriz), Juanjo (Dumbría), Vía (Soneira) e Mario (Camariñas):
- Sofán: Gardu, Javi, Sánchez, Bryan, Dani García, Marcos, Fabián, Javi Souto, Eloy, Joel, Isma. Tamén: Adrián, Alexandre, Ceide, Diego Rama, Dani, Rubén e Calvente.
- Trío arbitral: Manuel Castro Mouzo, Alex Tato e Xoel Forján.
- Gol: 1-0, m.50: Vía tras unha xogada por banda de Dani Chao.
No deportivo, o Combinado costeiro de Miguel Chouza, Bibi e Chiki tratou cara a cara a todo un equipo de Preferente, o que dá conta do nivel dos nosos xogadores. Chouza formou con dous 11 diferentes en cada parte, só coa repetición de Iván Facal, o capitán pola baixa de última hora de Eze.
Tras unha primeira igualada, con algo máis de dominio costeiro, abría o marcador Vía tras unha xogada por banda. Pouco despois tivo o segundo cun tiro dende a frontal, que se foi desviado por pouco. O Sofán intentou a través da pelota igualar a contenda, pero o equipo costeiro aguantou moi ben e non sufriu no último treito de partido.