Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Ponteceso bótalle un gol ao Rett co Partido Solidario da Selección-QPC

Presentacion Partido Solidario Ponteceso Seleccion Costa -RETT
Víctor Pazos, representante do SD Compostela, a Concelleira Raquel Fondo, Noelia Garrido e Daniela Novo Garrido; Miguel Cousillas presidente do SD Ponteceso e Ubaldo Cerqueiro de QPC durante a presentación.
Ponteceso bótalle un gol ao Rett co Partido Solidario da Selección-QPC

Este mércores 20 de decembro, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ponteceso a presentación do Partido Solidario da Selección da Costa - QPC Masculina contra o SD Compostela. Un evento que se celebrará o xoves 28 de decembro a partir das 18:00h no Pinguel, que conta coa colaboración do SD Ponteceso, o Concello de Ponteceso e a RFGF. 

No acto, a concelleira de Deportes Raquel Fondo deu a benvida e agradeceu que QPC se achegase ata a vila de Pondal para un acto coma este. "Queremos botarlle un gol ao Rett", sinalou Fondo invitando a todo o mundo a encher o Pinguel e axudar a esta familia encantadora da vila. 

Foi Ubaldo Cerqueiro o encargado de debullar a parte técnica, facer os agradecementos a todos colaboradores. Falaron tamén o xalleiro Víctor Pazos, como voz da SD Compostela, e Miguel Cousillas, presidente do SD Ponteceso.

RETT

Un partido, paralelo á cita solidaria do Combinado Feminino en Muros, que neste caso servirá para recadar fondos para a Asociación Princesas Rett. A vida de Daniela, a pequena pontecesá coa enfermidade de Rett, fixo que QPC decidira dedicar os cartos para a investigación desta enfermidade rara, e para axudar a súa familia no día a día.

Noelia Garrido, a nai de Daniela, explicou como lle afecta esta enfermidade rara á súa pequena, a toda a familia, e como a logopedia e a fisioterapia son tan necesarias como o osíxeno para a pequena. En todo caso, amosouse tremendamente agradecida por este evento, e orgullosa de pertencer a Ponteceso e á Costa da Morte, terra que tan ben as trata.

Datos da Selección

A idea é darlle continuidade ao 11 ideal escollido por unhas 70 persoas do Fútbol da Costa na Gala do Fútbol da Costa-QPC 22/23. Con todo, o equipo técnico formado por Dani Casal e David Castro, que contarán co apoio de Manolo López (nomeado o Delegado do Ano polos colexiados), querrá ter a meirande representación de equipos.

O trío arbitral estará formado por Roberto Baña (nomeado Árbitro do ano na Gala do ano pasado), Alfonso Caamaño e Álex Tato.

Así é a convocatoria: 

PORTEIROS

● Anxo Lema Grille (C.F Dumbría)
● Pablo Pose Sande (S.D Sofán)

DEFENSAS

● Alberto Codesino Lestón (S.D Esteirana)
● Michael Vilela Trillo (C.F Muxía)
● Breixo Martínez Lago (S.D Fisterra)
● Luca Gómez Garrido (S.D Ponteceso)
● Maikel Mouzo Grille (S.D Fisterra)
● Luciano Fernández Lorenzo (S.D San Lorenzo)
● Samuel Quintáns Caamaño (C.F Dumbría)

CENTROCAMPISTAS

● Alejandro Taibo Rey (S.D San Lorenzo)
● Iván Facal López (S.D Castriz)
● Bieito Pose Rodríguez (C.D Baio)
● Lucas Rial Álvarez (C.F Corme)
● Alberto Recarey Pérez (S.C Ponteceso)
● Pablo Garrido Calvete (S.D San Lorenzo)
● Iván Parafita Pombo (S.D Sofán)
● Iago Lema Lado (U.D Corcubión)

DIANTEIROS

● Diego Estévez Canosa (S.D Fisterra)
● Manuel Nogueira Rodríguez (C.F Muxía)
● Javier Souto Cambre (S.D Sofán)
● Mario Suárez Rey (C.F Camariñas)
● Iván Rojo Pombo (Atlético Carballo)

partido Solidario Seleccion Compos

Antón Lestón será o speaker dunha xornada que terá sorteos fantásticos para animar á xente a mercar rifas para recadar fondos para a entidade. 

Homenaxe da SD Compostela

A vinculación da Costa coa SD Compostela é total, como o reflexa a cantidade de xogadores costeiros que pasaron polas filas celestes. Así, o club quere convocar a todos os xogadores que vestiron a camisola santiaguesa para rederlles unha pequena homenaxe. 

Xogadores como Anxo Mato (Laxe), Borja Facal (Laxe), Toja (Laxe), Manu Casal (Malpica), Felipe García (Cabana), Mino (Cabana), Juan Cabrejo (Camariñas), Juan Porrúa (Muros), Espasandín (Santa Comba), Pereira (Santa Comba), Llanero (Fisterra), Madriñán (Cee), Bautista (Carnota) ou o xa falecido Suso Insua (Cee). E os que se nos poidan quedar no tinteiro.

Máis info

Comentarios