venres. 06.06.2025
El tiempo

E o 11 Ideal da Década do Fútbol da Costa é….

11 da Década do Fútbol da Costa copia
Os galardoados cos clubs onde foron escollidos no 11 ideal
E o 11 Ideal da Década do Fútbol da Costa é….

Dende Quepasanacosta, co gallo da X Gala do Fútbol da Costa-QPC, acabamos de pechar as votacións para escoller o 11 da Década do Fútbol da Costa. Quixemos celebrar 10 edicións e 12 anos de Gala coa escolleita, totalmente aberta, do mellor equipo da Década.

Foron un total de 1160 votacións as que recollemos en apenas 10 días, e queremos facer xa público o resultado para poder renderlle a homenaxe que merecen na Gala do vindeiro venres 13 de xuño en Vimianzo.

Fixemos unha selección dos principais gañadores dos prezados balóns da Olería de Buño nos 11 ideais escollidos por votación por representantes dos clubs costeiros nas distintas temporadas dende a temporada 2013/2014, coa excepción das dúas temporadas afectadas pola pandemia.

Sabemos que faltan moitos grandes xogadores, pero a verdade é que sae un 11 incrible, con presenza de xogadores do Corme (3), Xallas (2), Sofán (1), Soneira (1), Dumbría e Fisterra (1,5). Baio (1) e Camariñas (1).

MELLOR ADESTRADOR DA DÉCADA

Iván Cancela (gañador en 2017 e 2018 co Xallas), foi escollido como o Mellor Adestrador da Década do Fútbol da Costa. Natural de Tordoia, comezou a súa carreira nos bancos no Zas, triunfou no Xallas, o que lle empurrou a adestrar tamén ao Sofán en varias temporadas. Deu o salto ao Comité de Adestradores da Federación Galega, a ser seleccionador Galego e hoxe en día é o Presidente do Comité e Escola de Adestradores da Real Federación Española de Fútbol.

Por derás quedaron outros grandes nomes, todos moi igualados.

Mellor Adestrador da Decada Futbol da Costa

Mellor porteiro da Década

Julián, histórico porteiro xalleiro, con 4 títulos e varios Premios Pombo ao seu haber, foi escollido como Mellor Porteiro da Década.

Mellor Porteiro da Decada Futbol da Costa.1

Mellores defensas da Década

O muradán Aarón Fdez (que gañou varios co Soneira, pero tamén co Dumbría, e que xogou en varios clubs da comarca, como o Sofán), o camariñán Pablo Vigo (que gañou co Fisterra, pero que xogou no Camariñas, no Dumbría e que fixo unha longa carreira tamén lonxe da comarca), e Alejandro, o eterno cormelán falecido o ano pasado, foron os 3 máis votados, pero a cousa estivo moi igualada.

Mellores Defensas da Decada Futbol da Costa-QPC.1

Mellores Medios da Década

Doro é o xogador máis votado de toda a enquisa. O 50% dos votantes deixaron unha praza no centro do campo para a lenda xalleira, que vai acompañado polo cormelán Lucas, polo baiés Bieito, e polo camariñán Moriño, outra lenda activa do Fútbol da Costa que a pesar de non chegar a gañar nunca un premio, quixemos engadir na listaxe de candidatos e acabou recibindo este recoñemento.

Mellores Medios da Decada Futbol da Costa QPC 2025.1

Mellores Dianterios da Década

Aos Adrián Makaay, que gañou dous balóns co Fisterra e un co Dumbría, e o eterno pichichi do Corme, Alejo, dous que tiñan que ser fijos no 11, sumóuselle o loureán Juan de Dora (gañador co Sofán, pero aínda competindo en categoría estatal e con moita carreira por diante), que supero a outra lenda activa do noso fútbol como é o baiés MC. 

Mellores Dianteiros da Decada do Futbol da Costa QPC 2025.1

Máis novas

REPASO DAS GALAS

Comentarios