Luns. 23.09.2019
El tiempo

A PREVIA ARBITRAL

Último paso na fin do mundo

Trio arbitral no Malpica-Xallas de Copa do pasado sábado: David Castreje, Rubén Reborido e Iván Ferreiro.
Trio arbitral no Malpica-Xallas de Copa do pasado sábado: David Castreje, Rubén Reborido e Iván Ferreiro.
Último paso na fin do mundo

Esta longa fin de semana estará marcada polos oitavos de final da Copa da Costa, pero, a pesar diso, o partido da semana, ou da temporada, terá lugar na fin do mundo, no Ara Solis.

O domingo, ás 18:00 horas, o Fisterra (con arbitraxe de Alberto Baña, auxiliado por Juan Marcos Ríos e José Ageitos) recibe ao Lalín para 90 minutos de adrenalina cun obxectivo soñado: o ascenso a Preferente Galicia. Os visitantes nada se xogan, pero a bo seguro que non llo poñerán fácil a un equipo local ao que só lle vale un resultado, a vitoria, pois calquera outro marcador deixaría o ascenso en mans do Sigüeiro. 

Outes volve acoller unha festa do fútbol base

En formato de concentración e con varios equipos coas mellores canteiras do país, así será a xornada de sábado no Cunchido. Alí terá lugar unha das fases finais da competición alevín, na que participarán equipos como o Xuventude de Oroso, o Racing de Ferrol, o Bertamiráns ou o Victoria. Tamén haberá representación costeira, de mans do propio Outes, e na parte arbitral, xa que serán catro colexiados da Subdelegación da Costa os que dirixan os encontros: David Vázquez, Juan Marcos Ríos, Iván Vilanova e Alberto Baña.

A Copa da Costa ábrese a un escenario incerto

A primeira ronda da Copa da Costa deixou dous bombazos, en Pedra Queimada e no Platas Reinoso: caeron o campión e subcampión da pasada edición, Xallas e Sofán, que eran tamén os dous representantes da Preferente Galicia na competición.

O novo formato deste ano, con eliminatorias a partido único, deixou así as primeiras sorpresas, e depáranos para o que queda un cadro a priori máis igualado, con dezaseis equipos de Primeira, Segunda e Terceira Galicia. 

Así pois, esta fin de semana viviranse oito encontros de máxima emoción e igualdade, e con un calendario repartido: tres encontros o venres, dous o sábado e outros tres o domingo. Por se o público quere disfrutar a Copa en toda a súa extensión, nesta ronda vai ser posible.

Posiblemente, as dúas eliminatorias a priori máis igualadas sexan as que enfronten a equipos da Segunda Galicia. O sábado (17.00 horas, Pedra Queimada, Bruno Méndez, auxiliado por Daniel Martínez e José Ageitos) enfrontaranse Malpica e Volantes de Baño, e o domingo (17.30 horas, O Cairo, Iván Vilanova, auxiliado por Daniel Martínez e Manuel Espasandín) Corme e Cerqueda. 

---

Todas as designacións, categoría a categoría, competición a competición, como cada semana, en www.futgal.es.

Ademais teñen os horarios e os resultados en directo en www.futboldacosta.com (as competicións ligueiras) e as fases de Ascenso e as Copas en www.copadacosta.com

Comentarios