Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Unha tarde de radio e cromos en Cerqueda

Unha tarde de radio e cromos en Cerqueda

Local das Pozacas cheo para o Convivir da Radio galega Local das Pozacas cheo para o Convivir da Radio galega Cromos en Cerqueda Os Cromos rulan en Cerqueda Cando dicimos que o Fútbol da Costa trascende as fronteiras do deporte dicímolo por exemplos como o de Cerqueda. Na parroquia malpicá, que ten menos de 700 habitantes, o fútbol convértese en motor social como o demostrou o pasado venres coa visita do programa Convivir Deportivo da Radio Galega. Unha tarde no local social das Pozacas na que a radio e os cromos conviviron en perfecta sintonía. Ante un auditorio cheo, na mesa radiofónica, con Alfonso Pardo aos mandos, sentaron e charlaron capitán da UD Cerqueda Javi Souto, o presidente Roberto García, o xogador Dani García, o adestrador Raúl Periscal, acompañando ao presidente da Asociación de Veciños, Manuel Chouciño, que ademais é ex xogador e ex directivo do club. O fío condutor do programa foi a historia persoal de Dani, que se despraza 3 días a semana dende Ribadeo, onde traballa, ata o campo de Xaviña, para adestrar aos equipos de base e xogar cos sénior. Toda unha fazaña que xa fora recoñecida noutro programa da radio galega. Durante a hora de radio tamén interviron Manolo Fariña, adestrador e xogador do club e que estivo no CD Lugo; e Marcos Ordóñez, árbitro de alta categoría, natural da parroquia e cunha implicación máxima en cada evento que se realiza na vila. Houbo ademais unha grata sorpresa para Dani. A Radio Galega e a súa moza Noelia, conseguiron traerlle, nada menos, que a Fernando Vázquez en persoa, pois Dani é un gran admirador da súa carreira. O ex adestrador do Deportivo agradeceu a chegada a unha parroquia tan pequena e con tanto movemento. Fernando Vazquez foi a sorpresa para Dani no Convivir Fernando Vazquez foi a sorpresa para Dani no Convivir  

Comentarios