Martes. 15.10.2024
El tiempo

Veteranos: Igualdade máxima a falta de cinco xornadas

Acordouse crear a Selección da Costa de Veteranos

San Lorenzo Dumbria de Veteranos
Imaxe do Dumbría-San Lorenzo. Foto- Veteranos do Dumbría.
Veteranos: Igualdade máxima a falta de cinco xornadas

A falta de 5 xornadas, non pode estar a cousa máis igualada nas dúas división do fútbol veterano. A División de Honra está encabezada por Soneira, San Román e Zas, empatados con 49 puntos, estando en 4º posto o San Lorenzo con 47 e en 5º o Porteñou con 41. Só un será o campeón de Liga e o segundo clasificado será o que acompañe ao campeón a xogar a Copa Galicia.

Mentres, nos postos de descenso a 1ª División, nestes momentos atópanse Nantón que, con 7 puntos está descendido, e os dous equipos que o acompañarán estarán entre os Bértoa, Castriz, A Piña, Cabana, Corcoesto ou Ponteceso. Todos estes equipos pelexarán no resto da Liga para non descender.

A Liga descansa este entroido, pero foi moi bonita a xornada 21 deste pasado domingo 24 de febreiro. A Piña e Castriz empataron a 2 goles, nun choque no que empezu marcando Bustelo para o Castriz, e empataba Roberto antes do descanso. A segunda repetiuse o guión e un punto para cada equipo que con este resultado non saen ningún dos postos de descenso.

Un dos líderes, o San Román, enfrontábase na Porta Santa ao Corcoesto, gañando o partido por 3-0, con dous goles de Mario Casal e o outro de David, partido que foi destacado pola deportividade dos dous equipo.

Coristanco e Nantón empataban a 3, cun cadro cabanés que parece espertar nestes ultimo partidos, cando a clasificación xeral márcalle tan só sete puntos e quedan 15 en xogo.

O San Lorenzo venceu no Conco 1-3, cun Edgar estelar facendo dous goles para o cadro de Verdillo e sendo un pesadelo para os dumbrieses, que levan dous partidos seguidos perdendo e se descolgan dos postos que dan opcións a xogar a Copa Galicia. A expulsión de Simón no min.21 foi clave para o devir do choque, quedando ademais o cadro dumbriés con 9 os últimos 20 minutos pola expulsión de Juan.

O partido da xornada xogábase en Vimianzo. O Soneira venceu ao Zas por solitario tanto de Miguel, á media hora de xogo. Os outros dous equipos que más opcións teñen a ser campións de Liga fixeron un gran partido, marcado pola expulsado Solis do Zas cando faltaba pouco para finalizar o partido. Importante vitoira para os locais para seguir aí arriba presionando tanto ao San Román como ao propio SP Zas.

O Porteño non perdoou e venceu ao Bértoa, que está a xogar a non descender, e que nada puido facer ante os campións de Copa, que nas súas filas conta entre outros a Martín, o seu dianteiro centro que cos seus goles tantos puntos está colleitando para o seu equipo.

No Pinguel, partido entre os veciños, Ponteceso e Cabana, que se decantou para para os locais por 3-2. Gran partido viuse neste campo, onde os primeiros 15 minutos do partido o Ponteceso contou con varias oportunidades para marcar puidendo facer dous ou tres goles, xa que o primeiro gol foi aos cinco minutos marcado por Rei, tendo despois este mesmo xogador dúas ou tres ocasións claras para marcar que non puido resolvar ante o porteiro cabanés Mato. Nisto do fútbol se fallas as oportunidades claras, acaban pasándoche factura e iso lle sucedeu ao Ponteceso, pois aos 18 Peli empataba para o Cabana e xa na segunda parte Victor no 64 adianta o marcador para os cabaneses. Entraron os nervios aos locais pero puido recuperarse e Miguel empataba o partido. E cando parecía que o empate sería o resultado final, sendo o máis xusto, a falta de tres minutos Rei marca para o Ponteceso dándolle a vitoria e os tres puntos.

En 1ª División

O Mazaricos segue líder na táboa de clasificación con 44 puntos, seguido do Razo, con 42. Por detrás, Corme, Malpica, Sofán e Leiloio están en postos de xogar a promoción. Unha promoción que se xogará o 14 e 26 de abril, en datas sen confirmar despois da reunión do anterior venres que se mantivo en Baio.

Selección da Costa de Veteranos

Nesta reunión también se acordou que con xogadores das dúas división formarase unha selección que competirá o 1 de maio en Vigo, para xogar un partido ante Castilla a Mancha. Quedou pendente de nomear seleccionador e convocásese aos xogadores.

También se acordou nesta reunión que as fichaxes para a copa se poden realizar ata unha semana antes de finalizar a Liga como data ultima e para a Liga catro xornadas antes de finalizala, non sendo obligatorio xogar a copa.

Comentarios