Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Veteranos: A Milagrosa organiza un Torneo Homenaxe a Charly

Torneo homenaxe
Veteranos: A Milagrosa organiza un Torneo Homenaxe a Charly

Este sábado 16 de outubro, a partir das 16;30h, o Municipal das Eiroas acolle un torneo en Homenaxe a Manuel Freire Muíño “Charly”, organizado pola A.C. A Milagrosa.

Unha homenaxe pensada xa para antes da pandemia para este querido xogador, que falecía hai un tempo de cancro. O xogador, nado na ponte da Milagrosa, xogou ademais nos equipos de Razo, Dep. Carballo e Milagrosa.

Participan 4 equipos de Veteranos: Bergantiños CF, o CF. Razo, o Deportivo Carballo e o At. Milagrosa.

Comentarios