domingo. 01.06.2025
El tiempo

Veteranos: O San Román toma o liderato, empatado co Zas

Veteranos: O San Román toma o liderato, empatado co Zas
San Roman de Veteranos San Roman de Veteranos

Despois de disputarse 16 xornadas da División de Honra dos Veteranos da Costa, o San Román toma a cabeza de clasificación, quedando empatado co Zas. Todo nunha xornada importante, con choque directo entre os 4 de arriba que están nun pano, e que propiciaba o cambio de líder. O Soneira chegaba á Porta Santa e caía, deixando ao San Román líder, pois o San Lorenzo non era quen de pasar do empate ante o Porteño. O Zas, que abría a xornada 4º, álzase tamén ao coliderato tras vencer á Piña.

A clasificación defínese en dous bloques, con 7 equipos arriba, aínda con opcións (o Coristanco vencía ao Dumbría e loitará pola 6ª praza), e un grupo de abaixo que loitará por un ou dous postos de descenso, unha vez que parece que o Nantón non pinta moi bem e o Bértoa tampouco parece que arrinca.

Coristanco - Dumbría (2-1)

Un gol de Arijon no minuto 51 deulle a vitoria ao Coristanco, depois que Adrián empatara para o Dumbría o gol de inicio do local Ruano.

San Román - Soneira (2-0)

O partido da xornada, sen dúbida, que alza ao San Román ao liderato despois dun comezo moi baixo, perdendo o seu primeiro partido no Pinguel ante o Ponteceso, pero que cada xornada que pasa está aí arriba como todas as tempadas anteriores, sendo, un ano máis candidato a ser campeón de Liga.

Castriz - Bértoa (1-0)

3 puntos importantes para o intereses do Castriz que, con esta vitoria se está escapando dos postos de descenso, e condena máis ao Bértoa.

Corcoesto - Ponteceso (0-0)

O partido das Redondas en Neaño non se moveo o marcador, dous equipos que se encontran na zona media da clasificación, onde os dous se xogan a non descender xa que para meterse en postos de promoción a xogar a Copa Galicia e diferencia en puntos son moitos.

Nantón - Cabana (0-2)

O Cabana tiña que gañar este partido si quere seguir pelexando para salir dos postos de descenso, e gañoulle ao pechacancelas Nantón, que no que vai de Liga só gañou un partido.

San Lorenzo - Porteño (2-2)

O campión de Copa Porteño por pouco dá a “campanada” nas Pedreira, xa que na primeira parte finalizou con 0-2, pero os partidos en Verdillo fanse moi longos para todos os equipos e ao final do mismo quedou con empata a 2. O San Lorenzo nota moito a baixa do seu xogador franquicia e máximo goleador da liga, Edgar.

Zas - A Piña (5-2)

Moi superior o Zas neste partido destacanco Braulio do Zas que marcou 4 goles, acompañado polo gran goleador Felipe, que aínda pasen os anos el segue marcando. Os goles da Piña foron marcados por Dubra e Sande.

 

1ª División

Corme - Leiloio (5-1)

O Leiloio, que esta liga ganou varias partidos nas segundas partes, voi como o Corme lle remontaba un 0-1 ao descanso, facendo unha manita.

Malpica - Fisterra (4-2)

O Malpica gañou este partido ao contar nas súas filas co máximo goleador da 1ª Division Pedro Gundin, que marcou 3 goles do partido sumando xa con 22 goles (2 de penalti)

Río Grande - Mazaricos (0-2)

O líder desta liga, o Mazaricos endousoulle seis goles ao farolillo vermello, Rio Grande, que tan só ten un punto.

Xornes - Soandres (0-2)

Segunda vitoria do Soandres en toda liga, que de algunha maneira sorprendeu ao Xornes no seu campo por dous goles a cero.

San Ramón - Sofán (0-4)

O filial do líder da División de Honor, San Román, non puido co Sofan perdendo este partido por un contudente 0- 4.

O Razo-Buño foi suspendido polo mal tempo.

Pichichis

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/veteranos-o-soneira-campion-inverno/

Comentarios