Venres. 19.04.2024
El tiempo

Veteranos: O Zas gañou media liga na final adiantada co San Román

Zas e San Roman celebraron unha final dos Veteranos-Foto-Costa Futbol
Zas e San Román celebraron unha final dos Veteranos-Foto-Costa Futbol
Veteranos: O Zas gañou media liga na final adiantada co San Román

Esta pasada fin de semana tiña lugar unha auténtica final no Fútbol Veteranos. Zas e San Román chegaban empatados no alto da División de Honra na antepenúltima xornada. O Campo de San Andrés, que vai sufrir o cambio de tapete nas vindeiras semanas, acollía unha gran entrada para esta finaliísima adiantaba, que disfrutaron dun gran partido que deixa aos zaseiros con media liga na man.

Aínda que o San Román marcou primeiro, aos 7 minutos de penalti por medio de Santi, antes o Zas xa tivera un par de ocasións para marcar pero nunha Cotelo, porteiro do San Román, fixo unha gran parada e na outra foi fose por pouco. O partido empezara cun Zas moi arriba que desde o minuto 1 someteu ao San Román a unha forte presión sobre todos os xogadores onde só podía lanzar balóns en longo sen ningún perigo para a portería defendida por Norberto. Pero nunha xogada rápida dunha balón en longo por parte dos defensores do San Román, o dianteiro entra no área e é obxecto de falta que o colexiado Rama Cotelo pita penalti, tírao Santi moi pegado ao poste onde nada puido facer Norberto, adiantándose no marcador con ese 0-1.

Pouco lle duro a vantaxe ao San Román xa que dous minutos más tarde nunha falta a favor do Zas desde fóra do área botada por Braulio ao segundo pau e cabezea Óscar Suárez no medio de toda a defensa marcando un gran gol e empatando o partido.

Marcos Rio Sil e Braulio do Zas de Veteranos-Foto-Costa Futbol
Marcos Rio Sil e Braulio do Zas de Veteranos-Foto-Costa Futbol

A partir deste minuto é onde se viu no campo un gran xogador que marcaba o ritmo do partido e destacaba sobre todos os outros: o zaseiro Braulio. O máximo goleador da liga en División de Honra (con 28 tantos) deu todo un recital, marcando os dous seguintes goles no 24 e 66 poñendo o 3-1.

Xa a 20 do remate, Mario Casal recurtaba para o San Román, e foi aí cando o píblico e uns compañeros de banquiño pediron que entrase no campo o de sempre, o que tantas vitorias deulle a este Zas veteranos, que non é outro que Felipe Solís. O partido nese momento podía caer para calquera parte, o San Román moveu xogadores entrando Javi Fontes, que en toda primeira parte non xogara nada e cos seus centros ao área estaba creando perigo para a portería de Norberto.

Pero a saída de Solís, o máis listo, foi clave e nun centro a área, controla en balón, amaga ao defensa, engana ao porteiro e marca o 4-2 no minuto 86, saíndo ovacionado e abrazado por todos os seus compañeros.

O San Román nos oúltimos minutos foise arriba con todo pero non tiven a sorte de marcar e xa no desconto o Zas fai o definitivo 5-2 por medio de Brenlla, tras unha boa arbitraxe de Rama Cotelo e destacar a gran deportividad dos dous equipos.

O resto da xornada

Os outros resultados da xornada foi esa vitoria contundente do Corcoesto por 7-0 a un Nanton que empezou o partido con tan só 10 xogadores, e que xa é equipo de 1ª. O Bertoa e A piña empataron a 2-2 , dous equipos que se atopan os dous en postos de descenso co Nantón.

O San Lorenzo gañou o seu partido ao Castriz por 4-0 e aínda pode quedar 2º na táboa de clasicación, o que lle daría praza a xogar a Copa Galicia. O Porteño tamén gañou 2-1 ao Coristanco, e o Cabana perdió no seu campo co Dumbría por 0-4.

O que perdeu unha ocasión de ouro foi o Soneira que non pasou do empate no Pinguel ante o Ponteceso e queda por debaixo do San Román na loita por esa prezada segunda praza.

Agora quedan dúas xornadas e a clasificación a lidera o Zas con 58 puntos, segundo o San Román con 55, terceiro o Soneira con 54 e o cuarto con posibilidades o San Lorenzo con 53. O Zas ten que ir a Castriz e recibe ao Corcoesto; o San Román recibe ao Porteño e ten que ir a Cabana; o Soneira recibe ao Bértoa e ten que ir A Piña; e o San Lorenzo ten que ir a Corcoesto e recibe ao Nantón.

O Mazaricos, líder de 1ª

Na 1ª segue líder o Mazaricos, seguido do Razo a dous puntos e do Corme a 4. Os tres loitarán polas dúas prazas que dan o ascenso directo. O que non o consiga meterase na promoción, con Sofán e Malpica, que conta co máximo goleador da primeira división, Palermo con 35 goles, e aínda ten opción de meterse no ascenso directo. O cuarto equipo que dispute a promoción estará entre Leiloio (34), Xornes (33) e Fisterra (33).

Novas relacionadas

Comentarios