Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xa temos Cuartos de Final da Copa da Costa

Porteno-Cee- CopadaCosta
Imaxe do choque copeiro do Porteño e Cee na Grixa
Xa temos Cuartos de Final da Copa da Costa

O Parón de Entroido foi aproveitado para desputar os Oitavos desta emocionante Copa da Costa 2023-24. Deste xeito, xa temos os 8 equipos que se disputarán o trofeo, tras uns Oitavos sen grandes sorpresas, pero no que se volveu demostrar que as categorías son gañan os partidos antes de xogar, pois foron varios os equipos de categoría superior que suaron tinta para sacar adiante as eliminatorias.

O sábado o Dumbría necesitaba dos penatis para vencer ao Camariñas tras un choque tremendamente igualado, con ocasións para os dous equipos. Mataso adiantaba aos dumbrieses e Mario empataba ao comezo da segunda. O propio Mario puido desequilibrar a igualada na segunda para un Camariñas que competiu cara a cara co cadro dumbriés pero Pablo e a madeira tamén impediron que o Dumbría se adiantase antes da lotería dos penaltis.
Os dumbrieses visitarán o campo de Mazaricos, que vencía en Carballo ao Oza, a pesar de que os locais se adiantaban na primeira metade. O Mazaricos empataban ao fío do descanso e aproveitaban que os carballeses quedaban con 10 para sentenciar na segunda.

Nese lado do cadro, o Baio venceu en Malpica ao Seaia tras un partido escaso de fútbol e ritmo. Os baieses visitarán o Pinguel, unha vez que o Ponteceso conseguíu vencer ao Cerqueda nun choque moi complicado. O cadro pontecesán adiantábase por medio de Luca, e aproveitou que o Cerqueda se estiraba para colocarse 0-3. Na segunda, os locais non se viron abaixo e conseguían meterse no partido cos tantos de Suso e Marcos Pensado xa case no 90, e a piques conseguiron darlle a volta á eliminatoria.

No outro lado do cadro, tamén sufriu o Muxía en San Andrés nun partido moi ugualado, con ocasións claras para ambos, e que se decidiu polo acerto dos muxiáns. Javi Suárez adiantaba ao Zas, pero Michael empataba. Na segunda Isma Márquez adiantaba aos visitantes pero Iván empataba e tiña que aparecer Víctor Alcaina para darlle o paso aos da Liga da Costa.
O Muxía recibirá a todo un Fisterra, que vencía o San Lorenzo na casa. Adiantábase o cadro visitante, pero Breixo e Guille lle daban á volta ao marcadores de que os carballeses empatasen de novo. Na segunda, de novo Guille e Isaac Fábregas de penalti sentenciaban o pase fisterrán.

Abaixo no cadro, o Porteño sufriu para superar ao Cee noutro típico choque copeiro de moitas alternativas. O Porteño colocábase 4-1, pero o Cee meteu un arreón final e cos goles de Bruno e Jose fixeron que o Porteño acabase pedindo a hora.
Terá que visitar a Grixa o Sofán, o actual campión e claro favorito, empeñado ademais en repetir título copeiro. Os carballeses tardaron en romper o partido ata o m.75, cando Martín abría a lata. Luca e Marcial completaban o pase co cadro cormelán xa envorcado.

Fisterra-San Lorenzo da Copa da Costa
Imaxe do Fisterra-San Lorenzo 

O cadro completo en www.copadacosta.com

O Palmarés da Copa da Costa

Comentarios