Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xornada: As #CopadaCosta da Costa teñen finalistas, e a dos Veteranos, campión

Os cadros da #CopadaCosta en www.copadacosta.com.

San Lorenzo campion da Copa da Costa Vetranos 2019
O San Lorenzo campión da Copa da Costa Vetranos 2019
A Xornada: As #CopadaCosta da Costa teñen finalistas, e a dos Veteranos, campión

Menuda fin de semana con sabor a #CopadaCosta!! Unha final e 3 semifinais con máxima emoción para seguir facendo medrar o mito do Fútbol Costeiro. Os campos máis que cheos así o confirmaron, e os carruseis nas redes sociais, tamén.

San Lorenzo, campión de Veteranos

O San Lorenzo conseguíu o seu primeiro título da #CopadaCosta ante todo un San Román, o rei de Copas. 0-1 vencían os de Verdillo no campo de San Andrés.

Cabana-Esteirana, final da Copa da Costa

Espectaculares as dúas semis da #Copa. No Hermanas Patiño, dous equipos da 3ª disputaron un partido de época, como xa fixeran nas Redondas. O Camariñas e o Cabana desputaron un choque de poder a poder, con 6 goles, e un penalti no último suspiro (de novo na ida, pero neste caso para os cabaneses) que resultou defintivo para que o choque quedase 3-3, pasando o Cabana polo valor doble dos goles fóra da casa.

No Cairo, máxima tensión, tralo 0-0 da ida entre Corme e Esteirana. O Corme se adiantaba cun golazo de Alejo, pero a Esteirana, por medio de Elías, era quen de empatar a falta de 15 minutos, facendo valer tamén o valor doble dos goles fóra da casa.

A final, o vindeiro sábado, entre Cabana e Esteirana.

Finalistas Xuvenís e Infantís

Sen sorpresas nas semis da Copa Xuvenil, de xeito que o vindeiro sábado 22, no Conco (Dumbría)Corme e Outes xogaranse o título tras vencer a Sofán e Soneira nas semis.

En Infantís, se o Xallas non perdoaba ante o Fisterra, Os Miúdos deron a sorpresa ante o campión de Liga, o Cee, e venceron nos penaltis. Este sábado 22, ás 11.30 en Zas terá lugar a final da Copa da Costa Infantil, entre Xallas e Os Miúdos.

Comentarios