Xoves de Copas da Costa

Imaxe da Dumbría-Xallas final Copa da Costa 2024

Este 19 de marzo, festivo polo Día do Pai, toca recuperar o sabor das #CopadaCosta. Tanto a categoría masculina como a categoría feminina teñen cita cos Cuartos.

Dispútase ademais a 2ª xornadas dos grupos de Ascenso á Preferente en Xuvenís, Cadetes e Infantís.

A VI COPA DA COSTA FEMININA

O enfrontamento máis fermoso dos Cuartos da Copa FEM darase no Conco, rememorando a final de hai dous anos disputada en Arliña entre Dumbría e Xallas. Daquela vencera un Xallas que este ano compite en 1ª FUTGAL, e que parte como lixeiro favorito, pero nesta competición xa se sabe que pode pasar de todo.

Ademais, na tarde do mércores, o Corme visita As Redondas ante o Cabana. As de Rubén Souto parten favoritas (xogan nunha categoría superior), pero as cabanesas aspiran a dar a sorpresa.

O xoves pola mañá, o Muxía de Noe Iglesias, outro dos claros favoritos este ano para facerse co título, recibe a unha Esteirana con eternos problemas de efectivos.

E completa o cadro, para gozar na tarde do festivo, un derbi espectacular no Cubaleiro, onde o Corcubión recibe a todo un Cee, que parte como favorito.

A LXI Copa da Costa

Imaxe dun Castriz-Muxia de 2024

Na masculina hai tamén un partido por riba do resto: Castriz-Muxía en San Pedro. Os dous equipos de 1ª buscarán meterse nas semis, nas que previsiblemente se atoparán cun Sofán que buscará evitar as sorpresas dos cursos pasados poñendo todo sobre o céspede das Redondas ante o Cabana.

No outro lado do cadro non hai tantos favoritos. Malpica e Corme vivirán un fermos derbi de proximidade na Pedra Queimada, seguro que con moito ambiente, mentres que na Grixa, o Porteño recibe ao Sporting Zas.

Máis info