Copa da Costa FEM: Sen sorpresas para deixar uns Cuartos espectaculares
Facemos un repaso rápido (desculpen que estamos en tempos de conciliación) da rolda de dos Oitavos da VI Copa da Costa FEM. Non fallaron os equipos favoritos, vencendo sempre os de maior categoría, como foron o Corme (con 3 goles de Carla), Xallas, Dumbría, Cee e Muxía, que asinaron vitorias claras ante Juan Cabrejo, Zas, Soneira, Outes e As Miúdas.
Tamén o Corcubión puido con solvencia ante o Ponteceso, sendo a eliminatoria máis complicada a do Cabana, que tivo que tirar dos penaltis para superar a un aguerrido Cerqueda. Silvia foi a autora do penalti decisivo para as cabanesas.
Uns Cuartos remendos
Quedan así uns Cuartos fantásticos, co Xallas da 1ª Div., os 5 equipos da 2ª e Cabana e Corcubión da Liga da Costa FEM. Teremos fermosos enfrontamentos como o Dumbría-Xallas repetindo a final de hai dous anos, o derbi entre Corcubión e Cee, ou un Muxía-Esteirana e un Cabana-Corme con favoritismo para muxiás e cormelás, pero sendo a Copa, todo está aberto.