Martes. 19.11.2019
El tiempo

Xuvenís: O Corme tivo que sufrir para vencer ao Outes e alzarse campión da Copa da Costa

Corme, novo campión da Copa da Costa Xuvenil 2019-Fotos de Fin Lema
Corme, novo campión da Copa da Costa Xuvenil 2019-Fotos de Fin Lema
Xuvenís: O Corme tivo que sufrir para vencer ao Outes e alzarse campión da Copa da Costa

Menudo partido o vivido en San Andrés. O renovado céspede zaseiro acolleu unha completa xornada copeira de fútbol base, coa final Infantil pola mañá e a Xuvenil pola tarde. Máis ambiente se cadra houbo pola tarde, coa presencia de dúas das mellores afeccións da Costa, enchendo de cor o campo.

A ocasión merecíao.

Botes de fume azul en San Andres-Foto-Fin Lema

Outes - Corme (2-3)

Outes final da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Fin Lema

  • Outes: Antón, Canoa, Perol, Joel, Mariño, Adrián, Kevin, Alex, Nico, Josiño, Fran Lires. Tamén: Stefan, Ryam, Álvaro, Maceiras.

Corme na final da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Fin Lema

  • Corme: Lucas, Ángel, Noel, Aitor, Martín, Eloy, Mauro, Javi Bermúdez, Alex Mato, Samuel, Manu Tasende. Tamén: Manu Garrido, Manu Cancela, Martín Costa, Xoel e Miguel.
  • Goles: 1-0, m.40: Fran Lires; 1-1, m.45: Mauro; 2-1, m.47: Fran Lires; 2-2, m.66: Noel; 2-3, m.79: Aitor.

Trio arbitral cos capis na final da Copa Xuvenil-Foto-Fin Lema

O Corme partía como favorito despois dun ano irregular onde parecía que ía gañar a Liga sobrado e acabou segundo. O Outes colouse con merecimento nesta final e para os de Claudino xa era todo un regalo.

Comezou o partido moi intenso, sen demasiadas ocasións, cun Corme algo máis controlador e un Outes moi ben prantado atrás. Faltaban 5 minutos para o descanso cando, quen se non, Fran Lires, adiantaba aos da Serra. Pero de inmediato reaccionaron os cormeláns e Mauro asinaba o empate antes de ir ao descanso.

Volvía colocar Fran Lires por diante aos seus nada máis comezar o segundo tempo. Tocaba remar, outra vez, ao cadro de Lelo. Pero con paciencia, foi tocando tocando ata conseguir ir abrindo ocos. Noel facía o empate aínda con moito tempo, e Aitor, despois dunha xogada combinada, facía o terceiro cando case non lle quedaban folgos ao cadro da Serra para reaccionar.

Así remataba o partido, deixando ao Corme flamante campión da Copa da Costa, cunha celebración que se extendeu á vila cormelá.

Ambientazo en San Andres na final da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Fin Lema
Ambientazo en San Andrés na final da Copa da Costa Xuvenil-Fotos de Fin Lema

Os xa campións da Copa da Costa

Novas relacionadas

Comentarios