Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O San Lorenzo, flamante campión da Copa da Costa de Veteranos

San Lorenzo campion da Copa da Costa Veteranos 2019-Foto-Modesto Parga
San Lorenzo celebrando o título da da Copa da Costa Veteranos 2019-Fotos de Modesto Parga
O San Lorenzo, flamante campión da Copa da Costa de Veteranos

San Lorenzo e San Román chegaban á final da XVI edición da Copa da Costa de Veteranos., este pasado domingo en San Andrés. O remodelado céspede zaseiro acollía esta fermosa cita, xa no marco da RFGF, que sabe moi ben como vestir estes actos.

Chegaba o San Román coa vitola de favorito, como Rei de Copas, ao levar xa nas súas vitrinas 3 Copas e 3 Ligas, ademais do subcampionato deste mesmo ano. Pero en fronte estaba un potente San Lorenzo, 3º na actual Liga (leva 3 anos entre os 3 primeiros) que demostrou estar a nivel fantástico.

San Román - San Lorenzo (0-1)

San Roman na final da Copa da Costa de Veteranos 2019-Foto-Modesto Parga

  • San Román: Cotelo, Chusca, Bechi, No, Álex, Maceiras, Óscar, Mario Casal, Tuixe, e Víctor. Tamén: Añón, Alberto, Loureiro, Martín, Víctor Pardiñas, Berti, Carlos, Patroni, Sebas, Santi, David e Eloy.

San Lorenzo de Veteranos na final da CopadaCosta 2019-Foto-Modesto Parga

  • San Lorenzo: Manu Ferreiro, Jose, Puñi, Róber, Alberto, Antonio, Ivi, Pablo, Jesús, Víctor e Luís. Tamén: Jesús, Guille, Marcos, Robi, Edgar, Marcos e Jose Luís.
  • Gol: 0-1, m.16: Ivi.

Arbitros e capis na final da Copa da Costa Veteranos 2019-Foto-Modesto Parga

O partido foi moi apretado, cun San Román que non permitiu despregar o seu xogo a un Schuster que levaba facendo unha Copa espectacular. Pero os Fuentes, Maceiras e Mario Casal, tres xogadores con moito fútbol nas súas botas, estiveron tremendamente seguros no medio campo.

Pronto, pasado o cuarto de hora, Iván Pena adiantaba aos de Verdillo, cun tiro dentro da área que petaba nun defensa e se colaba na meta de Cotelo.

O San Román apretaba pero as defensas apenas permitían grandes ocasións. Así foron pasando os minutos, cun lixeiro dominio do San Román, pero cun San Lorenzo tremendamente metido no partido que non daba pé á igualada, cun Manu Ferreiro ademais moi seguro baixo paus, cun Róber, todo un káiser no centro da defensa.

Cómpre destacar tamén a volta de Edgar, tras longo tempo no dique seco, ao céspede. O pichichi da División de Honra volvía co seu San Lorenzo para protagonizar unha segunda metade na que puido fixar á defensa larachesa, e levar constante perigo.

Tivo o empate o San Román no último suspiro, pero Mario Casal estrellou o seu lanzamento no pau, esvaecéndose as ilusións da parroquia larachesa.

O San Lorenzo levantando a Copa da Costa de Veteranos 2019-Foto-Modesto Parga

Edgar do San Lorenzo maximo goleador da DH Veteranos-Foto-MOdesto Parga
Edgar foi o máximo goleador da D.H. deste ano - Fotos de Modesto Parga

Novas relacionadas

Comentarios