100 anos dos Faros xemelgos de Laxe e Roncudo

09:46 21/10/20
Este 22 de outubro de 2020 cúmprense 100 anos da posta en funcionamento dos faros de Laxe e Roncudo. Así o veñen de descuvrir os trasnos da Asociación Camiño dos Faros que recolleron a data exacta (só se coñecía o ano) da hemeroteca da Biblioteca Nacional de España.
Dous faros, xemelgos, enfrontados, de 11 metros de altura, que no seu día supuxeron un gran avance para a navegación pola entrada da ría de Corme e Laxe.