Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Asociación Camiño dos Faros cansa e desiste de ser o promotor da homologación da ruta GR

Representantes dos Camiños dos Faros con varios alcaldes nun acto no Cabo Vilán hai uns anos
A Asociación Camiño dos Faros cansa e desiste de ser o promotor da homologación da ruta GR

Tiña que chegar. Cansos de pelexar, de traballar, de escoitar queixas e acusacións infundadas, de perder o seu tempo, os trasn@s desisten de seren os promotores da homologación do sendeiro. Así o anuncian, 8 anos despois de crear un dos produtos turísticos máis potentes das últimas décadas da Costa da Morte, este comunicado.

Un comunicado no que a Asociación Camiño dos Faros se amosa rotunda: “desistimos publicamente do noso traballo pola homologación de O Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido GR e nos desvinculamos da figura de promotor, que alguén lle puidese atribuír por intentar durante este tempo darlle unha legalidade e seguridade a esta ruta”.

Unha das experiencia cidadás máis fermosas que levamos vivido na comarca, remata con este triste fin, lamentando a falta de implicación de todas as administracións. Primeiramente os 8 Concellos, cos que houbo que loitar ano tras ano para mantiveran limpo e rozado o seu treito (en todo caso foron as administracións máis implicadas). Despois da Deputación, que hai anos que asegurou que ía apoiar a homologación pero que leva demasiado tempo desaparecida. Tamén á Federación Galega de Montañismo, que nunca tomou o mando. E a Xunta, por suposto, que non moveu un só dedo por conseguir que a ruta se homologue e se manteña viva, sen depender da vontade dun grupo de voluntarios.
Por exemplo, van xa 17 meses dende que se presentou o Documento Ambiental, e a Xunta, que debería ter resposndido en 3 meses, segue esquecendo o asunto.

Foron 5 anos de traballo para conseguir esa homologación, 75 reunións con entidades e administracións nas que os socios da entidade perderon o seu tempo pola comarca,

Por todo iso, desde hoxe 13 de Outubro do 2020, a Asociación O Camiñou dos Faros declara que:

  • ”Deixamos de ser os promotores da homologación de O Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido. Non porque non creamos que a ruta cumpre perfectamente os estándares senón porque desistimos de traballar máis para nada.”
  • ”Deixamos de facernos cargo de calquera traballo de mantemento ou sinalización. Non podemos insistir en manter limpa ou sinalizada correctamente unha ruta cando son as administracións públicas as que non nos deixan e póñennos trabas.”
  • Queremos deixar claro que a asociación non é responsable do camiño e, polo tanto, non se fai cargo de nada do que puidese suceder aos miles de senderistas que cada ano fan este percorrido”.

O que queda

En todo caso, queda aí, unha das mellores rutas de sendeirismo do mundo, avalado por centos de reportaxes de todo o mundo, sendo pioneiros no proxecto Google Trekker, implicando ás comunidades locais, aos centros de ensino da zona, con paquetes preparados para todo tipo de turistas, cunha sinalización bastante aceptable… Queda un tesouro, que agora deberíamos coidar todos.

NOVAS DO CAMIÑO DOS FAROS

Comentarios