5 detidos en 3 roubos en Carballo, Ponteceso e Laxe
Varios operativos tiveron lugar esta fin de semana na comarca de Bergantiños. 3 roubos en Carballo, Laxe e Ponteceso remataron con 5 detidos.
Detido por entrar nun domicilio e roubar 50 euros
Axentes da Garda Civil de Carballo detiveron onte a un veciño da localidade, de 23 anos, como suposto autor dun delito contra o patrimonio. Ao parecer o mozo entrou, tras forzar unha fiestra, nun domicilio do lugar de Queo de Arriba (Carballo) e logrou apoderarse de cincuenta euros, as chaves de dous coches e as do propio domicilio.
De momento, os gardas conseguiron recuperar as chaves dun dos vehículos. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Carballo.
Detidos en Ponteceso por roubar gasoil
Noutra orde, tamén axentes de Carballo detiveron a dous homes, un de Carballo e 48 anos, e o outro, un veciño de Cambre de 46 anos, como supostos autores dun delito de roubo con forza ao subtraer gasoil de dous camións que se atopaban estacionados na localidade coruñesa de Ponteceso.
Detidos por roubar nun establecemento de Laxe produtos por valor de 596 euros
Axentes da Garda Civil de Laxe detiveron antonte a dous súbditos, unha parella, de nacionalidade romanesa como supostos autores do furto de varios produtos de cosmética valorados en 596 euros. Ao parecer os feitos tiveron lugar nun establecemento comercial da localidade de Laxe, cuxo encargado asegurou, aos gardas, sorprender aos imputados cando subtraían os citados efectos e ocultábanos nun bolso que portaba a muller e entre a roupa. Os efectos foron recuperados no momento.
Novas relacionadas
- Detidos un vimiancés e un coristanqués como supostos autores do roubo na Xoeiría de Muxía.
- Novo detido por cultivo marihuana desta volta en Ponteceso.
Fonte
- Garda Civil.