A débeda do Concello de Laxe, aínda unha lousa


Continúa o Concello de Laxe arrastrando unha importante débeda municipal. O último dato do Ministerio de Facenda, a 31/12/2018 sinala que o Concello aínda ten un saldo de débeda viva por importe de 733.152 euros. Unha débeda que se vai reducindo en máis de 1,5 millóns dende 2013, cando a débeda ascendía a 2,25 millóns de euros. Por exemplo, os Plans da Deputación permitiron que Laxe reduxese a súa débeda en máis de 500.000€ nos últimos 4 anos.
Pero unha redución que non impide que a oposición critique que “Manuel Mouzo xustifique a falta de investimentos nas débedas ás que tivo que facer fronte o executivo local durante os últimos catro anos”. Así, o voceiro do PP laxeiro, José Luís Pérez Añón,. lémbralle ao alcalde que “a débeda do Concello Laxe débese á nefasta xestión dos gobernos socialistas”.
“Estaría ben lembrarlle, por si esqueceuse, que os case 3 millóns de euros que Laxe acumulou de débeda son froito da nefasta xestión dos gobernos socialistas”, apuntou o candidato, quen fixo responsable tamén ao propio Mouzo das contas municipais por “formar parte activa” daqueles gobernos como concelleiro de Servizos Sociais e Cultura.
“As palabras do alcalde soan a escusa de mal pagador. Aquí o único certo é que os 800.000 do Plan de Obras e Servizos da Deputación tivéronse que destinar a pagar a débeda socialista en lugar de financiar outros proxectos”, lamentou .
Aproveitou Añón para lamentar a “escasa presenza do Concello de Laxe en FITUR”.
Novas relacionadas
- Febreiro 2017: Débeda viva municipal a finais de 2016.
- Sbril 2014: O PP de Laxe critica a alta débeda municipal.