mércores. 07.05.2025
El tiempo

A Escola de Teatro de Laxe arrinca a súa xira

A Escola de Teatro de Laxe arrinca a súa xira
Actuacion-do-Grupo-de-Animacion-a-Lectura-grupo-Secundaria-Escola-de-Teatro-Municipal-de-Laxe

Non para a, e xa comezou a súa viaxe cultural anual organizado xunto coas Escolas dos Concellos de Touro, Palas de Rei, A Estrada e Melide. Ademais dos intercambios teatrais que xa realizou a escola municipal, actuando nos festivais e mostras dos concellos anteriomente mencionados nos meses de marzo, abril e maio, onte iniciaron unha viaxe cultural, teatral e tamén con tempo de ocio con paradas nos lugares de Alcalá de Henares, Madrid e Valencia que se prolongará ata o domingo 17 de maio.

Nesta viaxe, ademais de ter tempo para coñecer estas localidades e o seu patrimonio cultural, así como para o ocio e o esparcemento en parques temáticos, As Escolas de Teatro en conxunto, realizarán dúas atuacións:

  • Unha para o alumnado do IES Alcalá Nahar.
  • Outra aberta ao público en xeral no Aditorio de Berenguer (Valencia).

Ademais, comparten o programa anual de actuacións realizadas pola Escola Municipal ata o momento:

  • 14 de marzo: participación na I Mostra de Teatro Escolar de Melide presentando a obra “Brincos de Fantasía” (obra preparada neste curso pola Escola de Laxe para todos os públicos).
  • 24 de marzo: acudiron á función escolar dentro da Semana Cultural que organiza o C.P.I. Cabo da Área no Salón de Actos de Laxe.
  • 11 de abril: participaron na VIII Mostra de Teatro Escolar de Palas de Rei.
  • 25 de abril: participaron na III Mostra de Teatro Escolar que organiza o IES Antón Losada Diéguez da Estrada, no Teatro Principal da Estrada.
  • 9 de maio: participaron VIII Mostra de Teatro Escolar de Touro.

Como de cote, será o festival celebrado en Laxe o que dea peche a todo este programa de actuacións anuais. Na última fin de semana do mes de maio, os días 30 e 31, terá lugar a VIII Mostra de Teatro Escolar de Laxe, TEATRAPA, do que, en breve, teremos o programa.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios