Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A familia do Peñón de Laxe celebrou a súa festa un ano máis

A familia do Peñón de Laxe celebrou a súa festa un ano máis
Familia do Penon de Laxe-Foto-Jose Manuel Ojen

Non hai moito coñecimos á A Asociación de Minusválidos O Peñón de Laxe, que xa leva 12 anos eliminando barreiras. Pois un ano máis, celebrouse no incomparable marco da "Braña de Soesto", o día do Peñón de Laxe. Unha romaría familiar que se celebra desde fai moitos anos, na que veciños e familiares realizan unha comida campestre que ao final se acaba convertendo en comida, merienda e cea.

Nun marco incomparable, cun ceo despexado, temperatura envexable e amenizados pola charanga "O Vendabal" de Fisterra a xornada transcorreu de forma moi amena.

Xornadas deste tipo, na que se reúnen nun ambiente festivo varias xeracións familiares fan que estas romarías sexan punto de encontro e cita obrigada para todos aqueles que en algun momento tiveron a ocasión de participar en anos pasados.

Coas viandas que se ofreceron aos comensais, poderíase estar comendo tres días máis, e depois tocou percorrer as fermosas paraxes da terra para rebaixar de forma considerable as calorías adquiridas... "Que nos quiten o bailao!", recoñecían satisfeitos os comensais.

Menudos bailes polo dia do penon-Foto-Jose Manuel Ojen A ronda do Penon en Soesto-Foto-Jose Manuel Ojen O lacon foi un dos protagonistas da Festa do Penon de Laxe-Foto- Jose Manuel Ojen

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios