mércores. 07.05.2025
El tiempo

A familia do Peñón de Laxe volve celebrar a súa festa

A familia do Peñón de Laxe volve celebrar a súa festa
Familia do Penon de Laxe-Foto-Jose Manuel Ojen

Co festival Teatrapa no horizonte, a vindeira semana empeza en Laxe pensando en troula. E nunha moi especial, coa celebración do Día do Peñón, unha auténtica festa local tradicional.

A partir das 18 horas do vindeiro luns 25 de maio, o grupo de música tradicional Cerna da Uz, estará na Braña de Soesto para a achegarnos diferentes pezas musicais e cantigas galegas acompañados de pandeiro, pandeiretas, cunchas, bombo tamboril e gaitas que agardamos, nos e vos fagan bailar e desfrutar, aínda máis se cabe, deste día de festa.

A actuación, como vén sendo costume, será rotativa entre os diferentes grupos de amigos e/ou familiares que se xunten, en lugar de permanecer estática nun único punto, e terá, unha duración aproximada dunha hora e media.

Dia do Penon Laxe 2015

Novas relacionadas

Font

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios