A Oficina de Turismo de Laxe xa non pecha en todo o verán
08:10 04/07/18
Imaxe do Punto Municipal de Información Turística (PMIT) de Laxe
Intensa temporada a que vai ter a Oficina de Información Turística de Laxe, que abría as portas esta fin de semana e xa non os pecha case que en todo o verán. A través do Punto Municipal de Información Turística (PMIT), situado no paseo marítimo, e do Museo do Mar, a vila laxeira terá un espazo para informar ao visitante durante todos os días.
O horario de apertura será de luns a domingo de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.
Os únicos días que o Museo do Mar e o PMIT estarán pechados ao público serán o 21 de xullo e os días 15, 16, 17 e 30 de agosto.