Alertan do mal estado do cruceiro do adro da igrexa de Santa María da Atalaia
10:35 22/07/21
Tras esixir o cumplimento da Lei de Memoria Histórica, o recén constituído Círculo de Podemos Laxe quere denunciar o mal estado do cruceiro que se encontra no adro da igrexa de Santa María da Atalaia.
Sinalan que “o cruceiro presenta unha greta que fai posible que caia a parte superior do mesmo, co perigo conseguinte”, e apuntan que “presuntamente pode ser debido ás explosións que se estan a facer por mor da dragaxe do porto, contiguo á mesma”.
Demostran así a "súa preocupación polo conxunto de arquitectura relixiosa".