mércores. 30.04.2025
El tiempo

Ángel Carracedo achegou a xenética mundial ao CEIP de Laxe

Angel Carracedo en Laxe
Ángel Carracedo achegou a xenética mundial ao CEIP de Laxe

Este pasado venres, 11 de abril, o xenetista Ángel Carracedo impartiu unha conferencia organizada pola ANPA no CPI Cabo da Area. A charla supuxo a clausura da semana cultural do centro. Asistiron máis de sesenta membros da comunidade educativa do CPI Cabo da Area, que tiveron a ocasión de coñecer e escoitar as reflexións desta eminencia mundial na investigación sobre a xenética forense, sobre o funcionamento do ADN e o seu traballo ao fronte da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Grupo de Medicina Xenómica da USC, que integra varios equipos de traballo, plataformas tecnolóxicas e máis de 200 investigadores de diferentes nacionalidades.

Angel Carracedo coa directora do CEIP Laxe Ana Porteiro

Comentarios