Avanzan as obras do dragaxe do porto de Laxe

Como avanzábamos o pasado mes de abril polas redes, pero sen ter confirmación oficial, Portos de Galicia comezou, en pleno estado de alarma, as demandadas obras do dragaxe do porto de Laxe. Unha obra que absolutamente todos os entes de Laxe levan pedindo case 10 anos.
As obras consisten na extracción de áridos e rocha do fondo mariño para a recuperación de calado no porto. A dragaxe realizarase principalmente á cota -5, excepto nunha franxa próxima ao peirao da lonxa que se realizará á cota -3. O ente público inviste máis de 3 millóns de euros nesta actuación que ten previsto rematar ao longo de 2021.
Obras de drenaxe
Paralelamente, Portos de Galicia, vén iniciar os traballos de canalización e drenaxe das augas que habitualmente se acumulan tralas precipitacións na zona situada entre o paseo marítimo e a Igrexa de Santa María de Atalaia. Esta obra inclúe a construción de dous novos pozos e unha canle de alivio pola escolleira.
Esta actuación conta cun investimento de 28.000 euros.
Historia sobre a dragaxe de Laxe
- Outubro 2019: O dragado de Laxe e a Variante de Carballo, demandas de décadas, as únicas apostas dos Orzamentos da Xunta 2020.
- Setembro 2019: En breve comezarán as obras do dragado de Laxe:
- Xaneiro 19: A dragaxe do Porto de Laxe xa ten Declaración de Impacto Ambiental.
- Setembro 17: Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
- Febreiro 2017: Confraría e grupos municipais volven unirse para solicitar a dragaxe do porto de Laxe.
- 01-02-2017: Temporal de mar en Laxe: barcos a terra (ou a Camariñas).
- Decembro 2017: A eterna parálise das obras de mellora do porto de Laxe volven atascarse no Parlamento.
- Xullo 2016: Laxe volve unirse por unha solución para o porto e a praia.
- Xuño 2016: O porto de Laxe, o punto incómodo entre os grupos municipais.
- Febreiro 2016: Portos abre a licitación das obras da dragaxe no porto de Laxe.
- Setembro 2015: O dragado do Porto de Laxe, incluído un ano máis no Orzamento da Xunta para o ano que vén.