xoves. 30.10.2025
El tiempo

Detido un fisterrán como presunto autor de 6 incendios forestais

Vista aerea do incendio na Nave Fisterra
Vista aérea do incendio na Nave, Fisterra
Detido un fisterrán como presunto autor de 6 incendios forestais

Ata que o conseguíu, non parou. Foron varias xornadas de comezos de outubro, nas que o monte da Nave, en Fisterra, ardía constantemente, ata que finalmente prendeu provocando a calcinación de 46,59 hectáreas dunha zona protexida por Rede Natura 2000 e catalogada como Lugar de Interese Comunitario “LIC Costa da Morte”.

Pero a intencionalidade clara destes lumes poden ter consecuencias. O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión detivo a un home, veciño de Fisterra, como presunto autor de 6 delitos de incendio forestal. 

A investigación vén de lonxe, dende o 7 de xullo cando xa prendía por primeira vez o monte fisterrán. No transcurso da investigación, producíronse outros 5 incendios na mesma zona, os días 03 de agosto, 2 o 23 de setembro, 09 de outubro e 11 de outubro.
Tras a análise exhaustiva da información solicitada, os gardas civís actuantes lograron a identificación plena do presunto autor do ilícito.

Unha vez coñecida a identidade do presunto responsable, a Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor dun delito de incendio forestal.

Vista aerea do incendio na Nave Fisterra 2

Vista aerea do incendio na Nave Fisterra 3

Comentarios