Xoves. 02.05.2024
El tiempo

“A avoas de Laxe” levan o seu teatro comprometido á USC

Avoas de Laxe na USC
“A avoas de Laxe” levan o seu teatro comprometido á USC

Menuda experiencia viviron as Avoas de Laxe volvendo á Universidade!

A Facultade de Psicoloxía dentro da axenda de actividades relacionadas co 25N, acollía a iista da “Facede o Favor e…. Pensade.” interpretada polo grupo “As Avoas de Laxe”. As maiores bergantiñás despregaron o seu humor e a súa retranca para o alumnado universitario.

Este grupo de teatro xorde ao abeiro do proxecto de envellecemento activo implementado no concello de Laxe e está liderado por Matilde Montáns e Loli Toja quen realizan as labores de directora e guionista.
O seu repertorio esta permeado por unha marcada perspectiva de xénero. A obra que interpretarán está composta por nove pezas breves que reflexan escenas da vida cotidiá nas que se poñen de manifesto os micromachismos nos que difícilmente reparamos dada a súa completa interiorización como normas sociais. A obra está plantexada en termo de humor o que garantiza as risas ao tempo que invita a reflexión sobre a necesidade de implementar cambios que leven a unha sociedade plenamente igualitaria.

Avoas de Laxe na USC 3

Avoas de Laxe na USC 2

Comentarios