O BNG de Laxe fai as súas propostas para o plan de axudas local

09:28 08/05/20
No marco da chamada “desescalada”, o concelleiro e Portavoz Municipal do BNG de Laxe, Xosé Manuel Pose Lema, demandará no seguinte pleno, e sempre en función da dispoñibilidade económica do concello, a elaboración dun plan de axuda ás pequenas e medianas empresas (pemes), comercio, hostalería e autónomxs do Concello de Laxe afectadxs pola crise da pandemia do COVID-19 o máis amplo e consensuado posible.
Estas son algunhas das cuestións que solicita poñer en marcha:
- Paralización do cobro de todos os impostos e taxas durante o estado de alarma aos sectores afectados.
- Supresión da taxa pola ocupación do solo público con terrazas de hostalería para todo o ano 2020.
- Reestruturación dos orzamentos municipais próximos a aprobar e adicar unha partida á reactivación económica e social.
- Reapertura do mercado dos venres na Praza dos Voluntarios con novas normas adaptadas á crise sanitaria provocada polo COVID-19.
- Plan de formación adaptado ás novas necesidades do mercado laboral, especialmente no sector turístico.
- Impulsar as licitacións de obras pendentes co obxectivo de reactivar o sector da construción.
- Elaboración dun Plan de actuación para o acceso e estancia este verán a todas as praias do Concello con novas normas adaptadas á crise sanitaria provocada polo COVID-19.